Do 14 de maio ao 16 de xuño poderase visitar na Casa da Cultura de San Ciprián unha exposición de Laura Doldán (Lume da Luma).

Desde o Concello de Cervo explican que “desde este próximo domingo, 14 de maio, teremos nova exposición na Casa da Cultura. A artista Laura Doldán (Lume da Luma) compartirá  a súa arte, a través dunha vintena de obras pintadas en acuarela inspiradas en San Ciprián e a súa conexión mariñeira”.
 
A apertura de portas está prevista para o domingo, ás 12:00 horas, e poderase visitar ata o 16 de xuño.

Os días 14 e 28 de maio, e o 11 de xuño, a artista realizará arte en vivo para as persoas asistentes.