San Ciprián
O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, a primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.
Así, o venres 4 terá lugar o Festival internacional que arrincará ás 19:30 horas coa participación dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro.
Xa o domingo 6 será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19...
leer másSan Ciprián celebrará as Festas na Honra da Virxe do Carme a fin de semana do 14 de xullo.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por representantes das diferentes asociacións e colectivos do municipio que participan: Mar de San Ciprián, Mulleres de San Ciprián, Amigos da Maruxaina, A Rebolaxe e a Coral Terramar.
O programa arrinca o venres 14 de xullo, coa festa do Mexillón que organiza a asociación Amigos da Maruxaina. Será a partir das 20:00 horas na Praza dos Campos. A continuación, Disco Móbil Chocolate e Disco Móbil Conxuro, encargaranse de amenizar a Festa da Xuventude.
O sábado 15, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra La Dimensión, a partir das 14:00 horas. Á noitiña, ás 21:00 está prevista unha...
leer másDesde este luns, 10 de xullo, pódese desfrutar dunha nova exposición na Casa da Cultura.
Unha mostra colectiva de Abraham Moreno, Raquel Arias, Daniel San Miguel e Juan Manuel Regadera, todos eles estudantes de Belas Artes, que comparten con todos nós o seu talento.
Not Accademic é o título da súa obra conxunta composta por pezas de carácter visual e plástico cunha habilidade técnica que non podes deixar de apreciar, nas súas diferentes modalidades (debuxo, deseño, pintura, fotografía...).
Poderase visitar durante todo o mes de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Na cita, organizada polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local, está prevista a participación dunha trintena de xogadores procedentes de diferentes clubs galegos e asturianos
A competición comezará ás 10:00 horas e desenvolverase durante toda a xornada; haberá trofeos para os catro primeiros clasificados
O Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario este sábado, 8 de xullo, do IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.
A...
leer másEsta exposición, composta por oito pezas decoradas por ambas caras -co cal suman 16 creacións nas que aparecen representados os faros da Costa da Morte- estará instalada durante todo o ano no paseo do Torno, en San Ciprián para desfrute de veciños e visitantes.
Chega agora a Cervo tras pasar por diferentes localidades como Fisterra, Sanxenxo ou a cidade da Coruña.
Esta exposición pertence á penúltima edición do certame, a oitava, do "Concurso de Murales de Azulejo Lar", dirixido a estudiantes da ESO e que desde o primeiro momento tivo moita aceptación por parte dos centros, profesorado e alumnado.
Trátase dun evento organizado polo club PentaLugo en colaboración coa Federanción Galega de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.
A cita foi presentada este mediodía polo concelleiro, David Rodríguez, o delegado da Federación Española de Pentatlón, Cristóbal Rodríguez e polo adestrador do Club PentaLugo, Ricardo Vera.
Achégate a desfrutar deste evento, que combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr).
Terá lugar no porto de San Ciprián, o sábado desde as 11:00 horas e o domingo desde as 10:00 horas.
Contará coa participación de preto de 200 deportistas.
O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XIII Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu o vindeiro sábado, 27 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
A representación mariñana estará conformada por uns 20 participantes, uns 40 en total, que competirán nas modalidades de kata e Goshin Sobu nas categorías infantil, benxamín, xuvenil e sénior.
A proba disputarase a partir das 11:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
Haberá trofeos e medallas para os tres mellores de cada categoría.
Desde o Concello de Cervo explican que “desde este próximo domingo, 14 de maio, teremos nova exposición na Casa da Cultura. A artista Laura Doldán (Lume da Luma) compartirá a súa arte, a través dunha vintena de obras pintadas en acuarela inspiradas en San Ciprián e a súa conexión mariñeira”.
A apertura de portas está prevista para o domingo, ás 12:00 horas, e poderase visitar ata o 16 de xuño.
Os días 14 e 28 de maio, e o 11 de xuño, a artista realizará arte en vivo para as persoas asistentes.
Este próximo sábado, 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira #AmbosMundos no municipio de Cervo.
Será cun concerto gratuíto na Praza dos Campos, de San Ciprián, que dará comezo ás 22:30 horas.
O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 8 de abril a Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo, creado a principios deste ano, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros de A Fume de Carozo, Pepín, Beto e Alejandra.
A Fume de Carozo creouse como club en xaneiro deste ano, formado por un grupo de amigos aos que os une a paixón polo deporte ao aire libre, co obxectivo de “desfrutar xuntos da natureza pero tamén de compartir experiencia e pasar bos anacos entre amigos”, precisan. Así xurdiu esta Festa das Xeracións -apuntan-, como un complemento ás xuntanzas deportivas “coa intención de...
leer más