Revista
O Concello de Viveiro presentou na Oficina de Turismo a súa nova revista turística, unha publicación que reúne información actualizada sobre os principais recursos turísticos do municipio, así como unha sección destacada con novas rutas de sendeirismo pensadas para descubrir a riqueza natural e cultural da contorna.
No acto participaron a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; a técnica de Turismo do Concello, e Horacio Albo, responsable do deseño das novas rutas, quen explicou que os itinerarios están adaptados a diferentes niveis e buscan conectar espazos naturais, elementos patrimoniais e puntos de interese pouco coñecidos para o público visitante.
Gueimunde destacou que esta nova revista “é unha ferramenta útil tanto para visitantes como para a veciñanza, que nos axuda a coñecer mellor todo o que Viveiro ten...
leer másO Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta este sábado, 1 de setembro, o número 2 da súa revista Candea Branca. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.
Esta segunda entrega abarca desde xaneiro de 2017 ata xullo de 2018 e presenta traballos literarios e de investigación de autores mariñáns. Neste número hai colaboracións de Arturo Mogo, Antonio Reigosa, Andrés García Doural, Xoan Ramón Fernández Pacios, Lola Sánchez Orol, Paco Piñeiro, Xosé Isidro Fernández Vilalba, Fran Bouso, Claudia Pena, Pablo Mosquera, Beatriz Yáñez, Rita Morrigan, Alfonso Otero Regal, Pedro Rubal, Isaac Ferreira, Ramón Hermida, Alberto Geada, Lionel Rexes, Xavier Pardiñas, Pepe Blanco, Susi Paz e Miguel Vila.
A publicación recolle ademais a sección de noticias do SEVA coas actividades organizadas polo...
leer más