Fediverso

Etiquetas:
12/03/2026

Este venres, día 13 de marzo, ás 19:00 horas a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19) acollerá o evento titulado Soberanía Dixital XI: Festa do Fediverso. O futuro das redes sociais e internet. É a segunda actividade do grupo amarinha.gal neste ano 2026, despois das nove celebradas o ano pasado.

Os organizadores explican: “na actualidade están a propoñerse preguntas do estilo de: é boa idea prohibirlle o acceso a RRSS a menores de 16 anos? Son adecuadas as medidas que propón tomar o goberno para a súa regulación? Que solucións existen ante a preocupante situación das RRSS? A nosa proposta desenvólvese neste contexto. Encadrada na celebración das diversas opcións do Fediverso, é unha actividade pensada para ter unha visión xeral do que é este mundo libre en...

leer más