Sostible

Etiquetas:
22/05/2023

O salón de plenos do Concello acollerá o mércores, 24 de maio, ás 10:30 horas a presentación do programa Víveo Máis. Trátase dunha declaración de compromiso coa sostibilidade dos negocios turísticos de Ribadeo, que está aberta a todo o tecido local, e que pon en valor o territorio.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, manifestou que “despois do éxito e da boa acollida acadada co programa Ribadeo + Circular no que participaron distintos axentes da nosa hostalaría e restauración e do que saíron diferentes propostas de desenvolvemento a nivel local para os establecementos que se manifestan comprometidos coa economía circular e coa sostibilidade do turismo agora nace o programa Víveo Máis”. 

O edil ribadense explicou que “se trata dun proxecto desenvolto polo Concello de Ribadeo en colaboración con...

leer más
28/05/2021

Está aberto ata o 15 de xuño o prazo para participar na creación dun mapa de produtores de alimentación sostible do Eo.

Os Concellos da bacía do río Eo: Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova, San Tirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego veñen de impulsar a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, “un proceso aberto a toda a cidadanía co que se busca de xeito colectivo determinar como mellorar a cadea alimentaria da bacía do río Eo”. 

A través desa estratexia definiranse cales son as formas de produción e consumo máis sostibles para este territorio, así como han determinarse as accións que deben estar dirixidas a acadar unha renda digna para os produtores. “Trátase de prestar atención, por un lado, a quen, en que condicións, como e onde se producen, comercializan e distribúen os...

leer más