
O Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 16 de maio, ás 17:00 horas haberá un novo faladoiro de Arruguiñas Charlando. Será no local social da Asociación Terramar, na Casa do Mar.
Susana Vázquez Fernández (coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda) ofrecerá o faladoiro titulado Xestión do ánimo, “centrado en aprender a relaxarnos, pensar en positivo e coidar a mente para mellorar o noso benestar emocional. Un encontro aberto á veciñanza para compartir, aprender e coidarnos entre todos e todas”.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.


