Letras
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro de Lettering, que se desenvolverá o vindeiro día 24 de setembro a partir das 10:30 horas.
A actividade ensinará a dar os primeiros pasos na técnica do lettering, que consiste en debuxar letra. Axuda ao desenvolvemento creativo á vez que favorece a concentración e a relaxación.
Está destinado a todas as persoas interesadas nesta técnica e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 982 55 90 19 ou 608 694 051.
Colaboran na organización deste obradoiro: Biblioteca Municipal de Ourol, Ler Conta Moito e Rede de Bibliotecas de Galicia.
Letras no Campo, a feira do libro de Ribadeo, terá lugar do 24 ao 26 de maio no Campo de San Francisco. O poeta, creador e divulgador Quique Roxíos será o pregoeiro desta edición, pola que tamén pasarán autores como Antón Riveiro Coello ou Ledicia Costas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “estamos ante a décima edición da nosa feira do libro: as Letras no Campo, que vai ter lugar do 24 ao 26 de maio. Seis librarías e editoriais ocuparán as casetas situadas no Campo de San Francisco. O horario de apertura será de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Contamos desta volta con dous establecementos veciños, Pícaros Mundi e Gráficas Santiago; unha libraría de vello, a lucense Valín Libros; coa compostelá Libraría Pedreira, a editorial Canela e, como vén sendo habitual, o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo...
leer másO Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024, cunha proposta de actividades que se estenderá durante unha semana.
“Entre as actividades, destaca o buzón de intercambios de lectura, que instalaremos no parque Rosalía de Castro, unha iniciativa que anima a compartir os nosos libros cos veciños e veciñas”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
Na tarde de onte, venres 10, celebrouse o primeiro evento do programa, cun concerto da Escola de Música no Hospital. Hoxe, sábado 11, actuarán as voces e arpas ‘Luvavai’ ás 20.00.
O domingo 12, o Auditorio Municipal de Burela recibe ás 20.00 o 32º Festival das Letras Galegas, coa actuación da Coral Parroquial de Landrove (Viveiro), a Coral Polifónica de Cariño e a Coral Polifónica de Burela.
... leer másO colexio Juan Rey de Lourenzá, a terra natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, acolleu hoxe a presentación da nova edición de Primavera das Letras, o espazo virtual que a Real Academia Galega dedica ao público infantil. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica responsable do proxecto, Fina Casalderrey, visitaron o centro acompañados de Eva Mejuto e Lucía Cobo. A escritora e ilustradora asinan As cousas de don Paco, unha obra teatral infantil, para ler e para que representen os nenos e nenas, na que o lapis Donlapis, o reloxo Baldomero, a cámara de fotos Leica, a máquina de escribir Oliva e a lupa Guadalupa de Francisco Fernández del Riego son os encargados de achegar os nenos e nenas á figura do protagonista do vindeiro 17 de maio.
Alén da obra teatral, a páxina...
leer másO Concello de Foz celebra o Mes das Letras con diversas actividades que terán lugar do 19 ao 26 de maio.
Na Casa da Cultura o 19 de maio haberá un obradoiro creativo de animación á lectura. Denomínase O conto estrelado e será impartido por Michel Casado e Raúl Marín desde as oito da tarde e está destinado a nenas e nenos de 3 a 6 anos.
O sábado, 21 de maio, O Feitizo, a Banda de Música de Foz e ACM Dambara ofrecerán un Pasarrúas por Foz a partires das doce do mediodía. E xa pola tarde a partir das 19 horas no Campo da Cabana haberá un concerto ofrecido por estas tres formacións. Tamén o sábado está prevista a proxección dunha longametraxe finalista dos Mestre Mateo. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas.
As actividades do Mes das Letras seguirán o 26 de maio con teatro infantil...
leer másDaniel García, concelleiro de dinamización, presentou as actividades que se levarán a cabo no Concello de Barreiros durante o mes de maio, adicado ás Letras Galegas.
As actividades comezarán o domingo 15 de maio coa actividade “A viaxe de Rosalía”, organizada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación. O luns 16, os máis cativos terán un obradoiro con manualidades e contacontos e, para rematar o mes das letras, o domingo 29 poderán desfrutar da obra "A verdadeira historia de Hamelin" no Centro sociocultural.
II Recital Poético “VERSOS NA BAIXAMAR”
Yolanda Castaño, Lois Pérez, Paula dos Anjos e Natalia Alonso na praza da praia de Arealonga.
Versos na baixamar xuntará nesta segunda edición varias voces emerxentes da Mariña como son Natalia Alonso e Paula dos Anjos, xunto con...
leer másO Concello celebrará o Día das Letras Galegas o 23 deste mes, domingo, cun recital poético e un concerto da Banda de Música de Lourenzá.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o domingo 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas coa lectura das poesías premiadas no concurso convocado polo Concello e un concerto da Banda de Música de Lourenzá. O acto terá lugar as 13:30 horas no quiosco da música do Cantón. Ademais os membros do coro da escola de música recitarán poemas de Xela Arias, escritora a que este ano se dedica o Día das letras Galegas”.
As Letras Galegas deste ano están adicadas á poetisa Xela Arias. Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar esta data un Concurso destinado a nenos e xoves.
Dentro da Convocatoria hai dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos, nenas e rapaces do concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poden optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela...
O Concello de Barreiros organiza en outubro o Mes das Letras coa obra de Carvalho Calero como fío condutor, o escritor ao que se homenaxea este ano polas Letras Galegas.
O domingo, 4 de outubro, ás 12:00 horas no centro sociocultural haberá bibliodiscoteca con María Faltri Picadiscos.
O domingo 11 ás 19:00 horas no centro sociocultural terá lugar un festival de maxia cos magos Owy, Martín Camiña e Manuel Lamas.
O domingo 18 ás 12:00 horas no centro sociocultural desenvolverase a actividade infantil Aquelando as nosas letras, a cargo de A Run Run.
O sábado 24 de outubro na Biblioteca Municipal celebrarase o Dia da Biblioteca coa presentación do libro de H.M. Rabunhal titulado Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra.
O domingo 25 ás 12:00...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación da obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos a cargo de Matrioshka Teatro.
A función, que terá lugar 1 de maio, dará comezo ás 19:00 horas, e inclúese no programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia.
Esta montaxe é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, autora á que se dedica o Día das Letras Galegas deste ano, e que se describía a si mesma como “unha señora que pasea pola rúa con dous cans”.