En Carne Viva
O Concello de Burela anuncia que a Casa da Cultura converterase o día 24 de outubro ás 21:00 horas nun “punto de encontro entre a arte, a educación e a reflexión coa representación da obra En Carne Viva, da compañía Bengala Teatro Físico, dirixida e escrita por An González”.
“Este proxecto é un exemplo de como o teatro pode ir máis alá do escenario”, explica a concelleira de Cultura, Lina Gómez, quen destaca “a capacidade da arte escénica para provocar emoción e pensamento. En colaboración co IES Monte Castelo, o proxecto inclúe un plan formativo integral dirixido ao alumnado de Secundaria que combina obradoiros de creación escénica, a asistencia á obra e un espazo posterior de reflexión colectiva. Dita colaboración permítenos achegar á mocidade unha experiencia cultural completa, que mestura arte, emoción e pensamento crítico...
leer más