De Ninghures
O grupo De Ninghures actuará este xoves, 14 de agosto, nas festas do San Roque, de Viveiro, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “a banda creada arredor da Foliada da Fonsagrada e consolidada como un referente da nova fornada da música galega co seu segundo disco, Feira, actuará na Praza Maior de Viveiro, dentro da programación musical que a Vicepresidencia da Deputacíon impulsa para fomentar a presenza da música en galego en festivais e eventos musicais de toda a provincia”.
A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e representantes da comisión de festas -Juan Manuel Sánchez, Raquel Trasancos e Cristina Parapar- presentaron o concerto acompañadas por integrantes da banda, que “coincidiron en valorar a importancia deste tipo de actuacións, no contexto dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e ...
leer más