río Sor
O Concello do Vicedo organiza unha subida do río Sor en kaiaks para este mércores, día 28 de agosto, ás 10 horas.
O percorrido partirá do porto do Vicedo, cruzando a ría, pasando por debaixo das pontes sobre o Sor, visitando a Illa de San Martiño, en Negradas, e rematando, río arriba, nas Ribeiras do Sor. A volta realizarase en vehículos da empresa Actividades Estaca.
As inscricións para participar poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org.
O Concello de O Vicedo organiza un curso de iniciación ao kaiak que se desenvolverá do 8 ao 12 de xullo de 17 a 19 horas.
É unha actividade gratuíta destinada a nenas e nenos maiores de 11 anos empadroados no concello de O Vicedo. Hai 10 prazas e a inscrición faise a través do teléfono 982.59.01.95.
Ademais dentro do programa Mércores de Natureza, do Concello de O Vicedo, o día 17 ás 10:30 horas farase a subida do río Sor en kaiaks. A saída será no porto do Vicedo e desde Ribeiras do Sor os participantes regresarán en furgonetas. Esta actividade terá unha duración de dúas horas e o prezo é de 17 euros.