Kaiaks
O Concello do Vicedo organiza unha subida do río Sor en kaiaks para este mércores, día 28 de agosto, ás 10 horas.
O percorrido partirá do porto do Vicedo, cruzando a ría, pasando por debaixo das pontes sobre o Sor, visitando a Illa de San Martiño, en Negradas, e rematando, río arriba, nas Ribeiras do Sor. A volta realizarase en vehículos da empresa Actividades Estaca.
As inscricións para participar poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org.
O Vicedo acolle este mércores, día 14 de agosto, unha subida polo río Sor en kaiaks e un concurso de figuras de area na praia de Xilloi.
A subida polo río Sor en kaiaks partirá ás 10 horas desde o peirao do Vicedo e terá unha duración aproximada de 2 horas. O prezo da inscrición é de 17 euros por persoa.
E ese mesmo día, o mércores 14, pola tarde na praia de Xilloi terá lugar o tradicional concurso de figuras de area para todas as idades. Será ás 16:30 horas e haberá premios para os dous primeiros grupos clasificados de cada categoría, que son de 3 a 5 anos, de 6 a 11, de 12 a 16 e desde 17 anos.
Do 22 ao 24 de xullo terá lugar en Ribadeo a XIII Concentración de Kaiaks Praia das Catedrais, que organiza o Club de Piragüismo Altruán. A concentración foi presentada esta mañá no Concello. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o secretario do Club Altruán, José Ángel Fernández, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Fernández indicou que “é a concentración anual que suspendemos a súa celebración durante uns anos, pero tendo en conta a efeméride deste 2022 que non é outra que os corenta anos do Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo pois qué menos que volver a celebrala. Foi no seu momento unha cita de referencia no Cantábrico e a día de hoxe é a cita de referencia, basicamente porque é un formato de concentración de piragüismo por así dicilo non competitivo e lúdico, moi...
leer másSeguen os mércores na natureza no Vicedo. Esta semana toca Baixada do Río Sor en Kaiaks.
Desde a organización sinalan que “encaramos a última semana completa de agosto cunha ruta tradicional pero moi divertida: A Baixada do Río Sor en kaiaks. Será o mércores ás 10:30h (punto de encontro no Porto do Barqueiro) e quedan poucas prazas dispoñibles para poder participar. En todo caso, haberá outra baixada do Sor o mércores 1 de setembro, neste caso en horario de tarde”.
Cervo acollerá o próximo domingo, 4 de abril, o 1º torneo de Kaiak Polo da Liga Galega nas categorías masculina e feminina, con todas as medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19.
A proba, que é a primeira vez que se celebra nunha instalación pechada, foi presentada este mediodía polo edil de Deportes, David Rodríguez, polo responsable da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, Iván González e polo vicepresidente do club Cidade de Lugo e delegado da federación galega de piragüismo, Martín Carballo.
A competición comezará ás 16:00 horas e está previsto que remate sobre as 20:00 horas. Xogaranse 10 partidos, 4 da categoría masculina e 6 da feminina.
Os clubs que participan son o Cidade de Lugo –único representante da provincia que competirá nas categorías masculina e...
leer másA Concellería de Deportes e Turismo organiza a que será a 2ª Ruta en Kaiaks polo litoral burelés. Segundo explica Ramiro Fernández Rey será “este sábado, 19 de agosto, a partir das 11 da mañá, con saída desde a praia do Cantiño”.
O edil burelés sinala que “o percorrido vai por toda a zona xeolóxica do Perdouro e despois vólvese para O Cantiño. O prezo, ao igual que cando fixemos a primeira Ruta en Kaiaks o pasado mes de xullo, será de 10 euros. As persoas interesadas en participar poden anotarse o sábado na saída, antes das 11 da mañá, ou achegándose ás instalacións do Activity Center”.
Ramiro Fernández subliñou que “é unha ruta moi bonita e merece moito a pena. Animamos á xente a que se anote para gozar dunha mañá diferente descubrindo a riqueza paisaxística e xeolóxica de Burela”.
A 2ª...
leer másEste sábado, 29 de xullo, terá lugar unha ruta de kaiaks polo litoral de Burela. Está organizada polo Concello e pola empresa IG10. Sairá ás 11 horas da praia de Penoural e percorrerá a costa ata o areal de Ril, segundo contou hoxe o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés lembrou que “o vindeiro sábado, día 29, tal como tíñamos programado nas actividades deste verán, imos facer desde o Concello de Burela en colaboración coa empresa IG 10, unha ruta en kaiaks pola costa de Burela”.
Fernández Rey explicou que “para apuntarse nesta actividade pódeno facer tanto na Oficina de Turismo como na propia empresa, que está ubicada aquí na saída de Burela no Activity Center, ou na saída do recorrido que vai ser desde a praia de Penoural, a carón da Capitanía Marítima. O prezo da actividade vai ser de...
leer más