San Roque
A vila de Ribadeo prepárase para celebrar as súas festas de San Roque, co patrón da localidade, cunha programación que mestura actos tradicionais, música en directo e propostas para todos os públicos os días 14 e 16 de agosto.
O xoves, 14 de agosto, ás 20:30 horas, a rúa San Roque acollerá o concerto de D’Crooners, un evento en colaboración con Acisa Ribadeo.
O sábado, 16 de agosto, o día grande, comezará ás 10:30 horas coas potentes bombas de palenque anunciando a festividade, seguidas da saída dos Cocos e Cabezudos acompañados polo Cuarteto de Gaitas Illa Pancha. Ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e dun concerto da Banda Municipal de Ribadeo. O vermú será ás 14:00 horas coa música do dúo En Clave de Ti, que tamén amenizará a verbena nocturna a partir das 23:00 horas, compartindo...
leer másO grupo De Ninghures actuará este xoves, 14 de agosto, nas festas do San Roque, de Viveiro, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “a banda creada arredor da Foliada da Fonsagrada e consolidada como un referente da nova fornada da música galega co seu segundo disco, Feira, actuará na Praza Maior de Viveiro, dentro da programación musical que a Vicepresidencia da Deputacíon impulsa para fomentar a presenza da música en galego en festivais e eventos musicais de toda a provincia”.
A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e representantes da comisión de festas -Juan Manuel Sánchez, Raquel Trasancos e Cristina Parapar- presentaron o concerto acompañadas por integrantes da banda, que “coincidiron en valorar a importancia deste tipo de actuacións, no contexto dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e ...
leer másEste luns tivo lugar a presentación da XLVII Gran Tirada Concello de Viveiro, “unha das citas máis destacadas do calendario galego de tiro ao prato”, organizada polo Club de Tiro San Roque e que se celebrará o 15 de agosto no campo de tiro da cidade, anuncia o Concello de Viveiro.
A presentación contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, acompañada de Juan Casabella e Antonio Novo, membros da directiva do club organizador. A rexedora destacou a longa traxectoria desta proba, “que ano tras ano consolida a súa importancia no panorama deportivo e contribúe tamén a dinamizar a nosa vila durante o verán”.
...
leer másO cartel das festas de San Roque, en Viveiro, foi presentado este luns e inclúe actividades do 14 ao 17 de agosto. Entre elas está un concerto do popular dúo formado polas irmáns Encarna e Toñi Salazar, actuación programada para o venres 15 de agosto.
A comisión Viveiro en Festas anuncia: “teremos o pracer de contar con De Ninghures, Azúcar Moreno e Dasoul na Praza Maior os días 14, 15 e 16 de agosto. Ademais nos Xardíns Noriega Varela contaremos co Dúo Vivarium, Suavecito, Súper Top e Escaparate. E, para rematar, a Sardiñada Popular nas Nogueiras”.
Viveiro acollerá un evento pro recadación para as Festas do San Roque no Día das Tortillas, que é o domingo 6 de abril.
Está organizado pola comisión Viveiro en Festas, que explica: “cremos que o Días das Tortillas é unha festa moi chula para seguir mantendo en Viveiro, así que imos facer que o parque Pernas Peón sexa un sitio para celebrar en boa compañía o domingo 6 de abril. Imos ter á venda tortillas grazas á colaboración co restaurante La Tortilla Maravilla, en porcións ou enteiras, pero podes reservar a túa a través do whatsapp do teléfono 619.14.14.62. A partir das 12 abrimos inscricións para o I Concurso Popular do Día das Tortillas, no que calquera veciño ou veciña pode presentar a súa mellor receita”.
Ademais a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do Dúo Vivarium e ás 17 horas, veredicto do...
leer másA Comisión de Festas do San Roque de Viveiro organiza unha cea baile de Nadal que se celebrará o día 21 de decembro, sábado. Será ás 22:00 horas no Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico. Actuará DJ Eventec ata as 03:00 horas e haberá barra libre e sorteos.
Os organizadores explican que “o Nadal é o momento perfecto para xuntarse cos teus, rir das anécdotas do ano, e lembrar todos os bos momentos que pasamos en familia e con amigos (e para sobrevivir ás historias do cuñado, claro). Por iso, a nosa Cea de Nadal é a mellor maneira de chegar con forza á Noiteboa! Este 21 de decembro anímate a vir ao Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico para gozar dunha noite máxica e moi especial! Anótate enviando un correo a comisionviveiroenfestas@gmail.com ou pásate polo Doce Bar (Praza...
leer másO Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas patronais de San Roque de 2025, que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de agosto, en coordinación coa administración municipal.
“Estamos encantados de que un grupo de xente moza colla as rendas destes tres días de festas”, explica a alcaldesa, María Loureiro, quen mantivo unha reunión cos membros da comisión como primeira toma de contacto para traballar no calendario festivo.
Así, as festas patronais coordinaranse cos actividades culturais que o Concello de Viveiro organiza no mes de agosto, como a Feira do Libro ou a Feira de Artesanía, ademais daquelas nas que colabora, como a Mostra Folclórica Internacional ou o desfile de Xigantes e Cabezudos.
Na seguinte reunión, na que participará a concelleira de...
leer másA vila ribadense celebrará a festa do seu patrón, San Roque, o día 16 de agosto, venres.
As actividades comezarán ás 11:00 horas coa saída dos Cocos e cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. Ás doce do mediodía celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión seguida de concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A partir das 14:00 horas terá lugar sesión vermú co dúo Venus, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix e de rematar a festa encargarase o DJ Litainer.
A parroquia de Carballido, en Alfoz, celebrará as súas tradicionais festas ha honra de San Roque do 16 ao 18 de agosto.
O venres, 16 de agosto, a partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e sesión vermú co Dúo Belinda. Pola noite, o Grupo Claxon poñerá ritmo á verbena.
O sábado, 17 de agosto, a partir das 13:30 horas, terá lugar a misa, procesión e sesión vermú esta vez a cargo do Grupo Montreal. O día rematará cunha verbena protagonizada pola actuación de DJ Balbin.
O domingo, 18 de agosto, a partir das 21:00 horas está programada unha gran churrascada seguida dunha verbena coa Orquestra Los Satélites e Discomóvil Conxuro porán o peche perfecto a esta festividade.
O Club Ciclista Viveiro organiza o XXXIX Gran Premio Ciclista San Roque 2024, que se disputará este sábado, 15 de xuño, a partir das 15:30 horas, con saída e meta desde a explanada do pavillón polideportivo municipal de Viveiro. Haberá categorías alevíns, cadetes, infantís, promesas e principiantes e ciclismo inclusivo.
As probas realizaranse nun circuíto que discorrerá por estradas dos concellos de Viveiro, Ourol e O Vicedo.