Abastos
A Praza de Abastos de Ribadeo collerá o venres e o sábado (29 e 30 de agosto) as Experiencias de Calidade con catas, degustacións e showcookings. Están enmarcadas nos Días de Sabor da programación especial de Acisa O noso comercio é vida, vive Ribadeo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, contou que “a Praza de Abastos de Ribadeo converterase os días 29 e 30 de agosto no escenario das Experiencias de Calidade, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Ribadeo e cofinanciada pola Unión Europea, que busca poñer en valor a artesanía alimentaria e os produtos galegos con denominación de orixe, no marco das actividades excepcionais deste mes de agosto impulsadas por Acisa dentro da programación O noso comercio é vida, vive Ribadeo”.
Cruzado Iglesias explicou que “...
leer másAna Martínez, edil de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, comentou que “co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados na nosa vila, potenciado así a compra dos produtos locais e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras, o Concello participa na campaña Quere o teu mercado, en colaboración coa Xunta de Galicia”.
Quere o teu mercado (LoveYour Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola WorldUnionofWholesaleMarkets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.
Martínez engadiu que “Ribadeo quere participar dentro desta campaña e celebrar o día dos mercados na mañá do vindeiro...
leer más