En Viveiro haberá un evento para presentar o merchandising das Festas de San Roque 2026 este sábado, 2 de maio

Viveiro acollerá un evento para presentar o merchandising das Festas de San Roque. Será este sábado, día 2 de maio, na Praciña da Herba (Rúa Fernández Victorio, 6) desde as 19:00 horas.

A comisión Viveiro en Festas anuncia “un evento moi especial no que descubriremos o merchandising oficial deste 2026, cun deseño top, realizado por un artista viveirense. A xornada estará amenizada coa música de DJ Hermi e Pelayo, para poñerlle o mellor ambiente a unha tarde de moitas sorpresas”.