Andainas

Etiquetas:
08/11/2021

O salón de plenos acolleu a presentación de Imos Andar, unhas andainas organizadas por Teresa Díaz coa colaboración da Concellaría de Deportes, que terán lugar os martes e os xoves ás 9:45 horas. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a mulleres e homes de calquera idade que queiran camiñar, socializar e pasar unha hora ao aire libre. O único que teñen que facer as persoas interesadas é presentarse nas escaleiras da praza de abastos, ás nove e media da mañá, os martes e os xoves. As rutas arrincarán o 16 de novembro. No acto de presentación estiveron: Teresa Díaz, promotora da iniciativa; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico municipal de deportes, Iván Rodríguez.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinalou que “serán dous días á semana para empezar, os martes e os xoves, de dez...

leer más