O dragón de ouro

26/01/2026

A compañía Sarabela Teatro representará a obra titulada O dragón de ouro en Viveiro este sábado, día 31 de xaneiro. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.

É unha obra de teatro contemporáneo para público adulto coa seguinte sinopse: “unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida tailandés - chinés - vietnamita, O Dragón de Ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida. No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas...

leer más
25/03/2025

Sarabela Teatro presenta en Burela a obra titulada O dragón de ouro este venres, día 28 de marzo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura.

Forma parte da programación cultural do Concello de Burela, que anuncia: “unha gran oportunidade para gozar de teatro de calidade e reflexionar sobre temas actuais! Sarabela Teatro presenta unha obra intensa e conmovedora sobre inmigración, explotación e desigualdade. Non te perdas esta proposta que entrelaza historias de loita e esperanza”.

A directora é Ánxeles Cuña Bóveda, da tradución encargouse Catuxa López Pato e o elenco está integrado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González.

É unha obra para público adulto e o prezo da entrada é de 5 euros.

22/03/2025

Este domingo, día 23 de marzo, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval representarase a obra O dragón de ouro, dunha das máis prestixiosas compañías teatrais galegas, Sarabela Teatro.

A directora é Ánxeles Cuña Bóveda, da tradución encargouse Catuxa López Pato e o elenco está integrado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González.