Anxo Cao

Etiquetas:
07/02/2026

A exposición fotográfica de Anxo Cao titulada Azores: oasis atlántico poderá visitarse no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), concretamente na Sala Xosé Vizoso, ata o día 8 de marzo, domingo.

O Concello de Cervo anuncia: “como sabemos que está gustando moito e para aqueles/as que aínda non a puidestes visitar anunciamos que a exposición amplíase un mes máis e poderá visitarse ata o 8 de marzo, no mesmo horario. Mergúllate na biodiversidade do Océano Atlántico a través dunha espectacular colección de fotografías subacuáticas. Un percorrido único pola fauna atlántica: aves mariñas, grandes cetáceos, quenllas, tartarugas e especies rarísimas captadas co máximo respecto polo medio mariño”.

Etiquetas:
16/12/2025

O municipio de Cervo acollerá a mostra titulada Azores: oasis atlántico, “unha exposición fotográfica de Anxo Cao que vos convidamos a descubrir este Nadal, desde o vindeiro 29 de decembro. Unha mostra que busca transmitir coñecemento sobre a biodiversidade oceánica a través de fotografías que chamen a atención do público pola súa estética”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a través das fotografías subacuáticas, poderemos ver a diversidade de fauna no noso Océano Atlántico, desde pardelas ata cachalotes, pasando por peixes lúa, quenllas, baleas piloto, tartarugas e mesmo a estraños e extremadamente raros polbos peláxicos.

En definitiva, unha homenaxe á biodiversidade que podemos ver, apreciar e que tamén debemos protexer si queremos continuar disfrutando de un océano rico e necesario”.

A...

leer más