
As festas de San Roque, en Ribadeo, serán os días 15 e 16 de agosto, sábado e domingo, e o programa inclúe un concerto do gaiteiro Carlos Núñez.
A Asociación Cultural de Santa María do Campo e San Roque anuncia que haberá “verbenas, música en directo, tradición, procesión, cocos e cabezudos e moito máis. Agardámosvos para celebrar xuntos dous días cheos de festa e bo ambiente”.
O sábado 15 a partir das 23:00 horas haberá verbena a cargo do dúo Xilo & Carlos, The Sound Project e DJ Tralla.
E o domingo 16 ás 10:00 horas bombas de palenque anunciarán o día de San Roque; ás 11:00 sairán os Cocos e Cabezudos acompañados do cuarteto tradicional Illa Pancha; ás 12:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e a continuación concerto da Banda Municipal de Ribadeo; ás 14:00 comezará a sesión vermú a cargo do dúo Venus; ás 18:30 horas haberá concerto de Untopic; ás 20:45 na igrexa parroquial actuará Carlos Núñez; e desde as 23:00 horas, verbena cos dúos Venus e Dos en punto e os DJs The Sound Project e Litainer.


