Pakolas

Etiquetas:
06/10/2025

Pakolas ofrecerá en Burela o espectáculo para público infantil e familiar titulado Ecoralia, a lambona ecolóxica este sábado 11 de outubro. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura con entrada de balde.

O Concello anuncia que “Ecoralia, a lambona ecolóxica chega a Burela. Este sábado, 11 de outubro, a Casa da Cultura convértese nun espazo de música e maxia da man de Pakolas. Contaremos e cantaremos a historia de Ecoralia, unha meiga ecolóxica que nos ensinará, a través das cancións, a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal”.

 

24/08/2025

O vindeiro martes, 26 de agosto, ás 12 horas, o centro sociocultural de San Cosme de Barreiros acollerá unha actuación familiar a cargo de Pakolas e a debuxante Laura Romero. O espectáculo, titulado Ecoralia, canta, conta e debuxa, preséntase como un show de gran interacción coas nenas e nenos, no que a música de Pakolas acompañada por contos, historias e as cores dos debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público.

O Concello de Barreiros anuncia que “esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non só se pode gozar da música senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos”.

Esta actuación enmárcase no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e no Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo.

... leer más