
Pakolas ofrecerá en Burela o espectáculo para público infantil e familiar titulado Ecoralia, a lambona ecolóxica este sábado 11 de outubro. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura con entrada de balde.
O Concello anuncia que “Ecoralia, a lambona ecolóxica chega a Burela. Este sábado, 11 de outubro, a Casa da Cultura convértese nun espazo de música e maxia da man de Pakolas. Contaremos e cantaremos a historia de Ecoralia, unha meiga ecolóxica que nos ensinará, a través das cancións, a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal”.