Embarcacións
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e representantes da Federación galega pola cultura marítima e fluvial (Culturmar) mantiveron unha reunión preparatoria do XVIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará en Ribadeo entre os días 1 e 4 de xullo do próximo ano. Por parte dos organizadores asistiron á xuntanza a presidenta e o secretario de Culturmar, Mónica Leiro e Marcos Buide respectivamente, así como Pablo Fernández, presidente da asociación ribadense Talameira, anfitrioa desta edición. Tamén participou Marta Saiz, concelleira responsable de Promoción Económica e de Turismo do Concello de Ribadeo.
A Xunta de Galicia explica que “este evento bianual, que chega por primeira vez á costa cantábrica, concentra máis dun cento de embarcacións tradicionais galegas e doutras partes da península e...
leer másA mostra pode visitarse en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde
(de 18 a 20 horas ). Atópase na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro, na praza Maior.





