Poemario
O poemario titulado Lóstregos de orballo, escrito por Fina Roca, será presentado en Viveiro este venres, día 28 de novembro. Será ás 19 horas na Libraría Porta da Vila, que está na rúa Pastor Díaz número 31.
O acto consistirá nunha presentación con recital poético a cargo da autora, Fina Roca, do poeta Xaime Oroza e do músico David Bellas.
O poemario titulado Laídos Cardíacos, de Lucía Ferro, será presentado en Ribadeo este venres, día 21 de marzo. O acto será ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, da vila ribadense.
Haberá un recital poético con acompañamento musical, a cargo de José Manuel Ventoso á guitarra. E ademais intervirá Antonio Gregorio.
O poemario titulado “Escribir silencio”, de José A. Alfonso, preséntase cun recital na librería Bahía, de Foz, este xoves, día 2 de maio, ás 20:30 horas.
Librería Bahía explica que “José A. Alfonso é un poeta madrileño moi vencellado á Mariña, onde pasa todos os anos parte do verán. Participarán con el varias persoas que traduciron e recitarán algúns dos seus poemas en galego. Conducirá o acto a filóloga María Liñeira”.
A escritora e xornalista Natalia Alonso Ramos (Foz,1983) presentará o vindeiro venres 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Libraría Bahía de Foz o seu segundo libro ‘Advertencias para un traxecto boreal’ co que obtivo o premio de poesía Filomena Dato en 2022 e que acaba de publicar baixo o selo editorial ‘Apiario’. A autora estará acompañada pola editora e escritora Dores Tembrás.
Natalia Alonso Ramos resultou gañadora da terceira edición deste certame que outorga o Concello de Bergondo co poemario ‘Advertencias para un traxecto boreal’. O xurado valorou do texto “o traballo coa linguaxe, a pericia no uso dos adxectivos, a promesa desde o primeiro poema e a ofrenda de imaxes de grande potencia poética e cheas de contido, a tenrura e a perspicacia”. O xurado estivo composto por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e Elvira Ribeiro Tobío,...
leer más






