O poemario “Lóstregos de orballo”, de Fina Roca, será presentado en Viveiro este venres, 28 de novembro

O poemario titulado Lóstregos de orballo, escrito por Fina Roca, será presentado en Viveiro este venres, día 28 de novembro. Será ás 19 horas na Libraría Porta da Vila, que está na rúa Pastor Díaz número 31.

O acto consistirá nunha presentación con recital poético a cargo da autora, Fina Roca, do poeta Xaime Oroza e do músico David Bellas.