concurso
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XIII concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2023”.
Tal e como explica a edil, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.
O prazo para presentar as imaxes remata o 23 de maio ás 23:59 horas.
Hai tres...
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, pon en marcha unha nova edición do Concurso de CARETAS DE ENTROIDO.
Poderá participar no concurso e ser beneficiario destes premios calquer neno ou rapaz empadroado no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO).
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto que deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar, na Biblioteca Municipal, con data límite 10 de febreiro de 2023.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concederanse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro. Os premios deste...
leer másDentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa X edición o VENRES, 30 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas...
leer másSegundo explican desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro “poden participar todos os veciños e todos os establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón, escaparate ou interior do local.
Haberá 300 euros en premios para a Categoría de Veciños e outros 300 euros para a de Comercios.
As persoas ou establecementos interesados en participar poden consultar aquí as bases ou en www.viveirocentro.com ou obter máis información chamando ao 982550707, enviando un WhatsApp +34 650 50 67 17 ou escribindo á seguinte dirección de correo electrónico info@viveirocentro.com
Será en horario de 20:00 a 23:00 horas o venres; de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas o sábado; e do domingo de 12:00 a 15:00 horas. Na cita participan sete locais hostaleiros: Cervexaría Abadía, A Bodeguiña, Vinoteca O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Bar Amencer e Cafetería Daira. O prezo das tapas será de 3 euros.
Haberá premios para as 3 mellores tapas valoradas polo público. Os pasaportes dos tapeadores deberán ter o selo de polo menos seus locais para ser válidos.
A organización do concurso FotoLAR 23 -representada por membros da imprenta Gráficas LAR, de Viveiro- acaba de anunciar o gañador da última edición deste certame de fotografía, especializado na temática fauna. E o premiado é Nafis Ameen, de Bangladés.
O premio, ademais de 300 euros en metálico, implica a autoría do próximo calendario da imprenta Gráficas LAR: o Calendario LAR 2023, que será ilustrado con doce sensacionais imaxes de fauna do sur de Asia e publicarase antes do Nadal.
Nesta edición do concurso recibíronse 60 diferentes galerías de todo o planeta, das que a organización do certame elixiu a cinco candidatos. Finalmente foi o xurado, formado polos autores dos sete calendarios anteriores, o que colocou a Nafis Ameen en primeiro lugar.
A organización do concurso destaca que “...
leer másO Concello de Viveiro anuncia dúas novas citas do programa das Festas Patronais de Viveiro, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque.
Dunha banda, “Viveiro Canta” será unha nova proposta nestas festas, cun concurso de karaoke. Doutra banda, os tradicionais cabezudos volverán a desfilar por Viveiro, tras dous anos sen esta cita por mor da pandemia.
“Este verán retomamos as nosas Festas Patronais, tras dous anos limitadas pola pandemia. Seguimos anunciando eventos e traballamos no programa completo, que recordamos que inclúe o concerto de Mikel Erentxun o 15 de agosto”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
“Viveiro Canta” propón un karaoke no que poden participar persoas de todas as idades. O concurso celebrarase o luns 8 de agosto na Praza Maior de...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios, serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser...
A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia convoca un concurso de carteis co gallo da celebración da XXVI Feira do Bonito os vindeiros 6 e 7 de agosto de 2022 na zona portuaria de Burela (Lugo). O prazo de presentación de traballos remata o 20 de xuño.
BASES:
Convócase o concurso en dúas categorías: Categoría A para concursantes ate 14 anos (incluidos) e Categoría B para concursantes maiores de 14 anos 2.
Poden participar tódalas persoas que o desexen (con un ou varios traballos) que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior; indicando no exterior a categoría na que concursan.
O tema debe ter – necesariamente – relación co bonito e/ou co ensalzamento da feira.
O encabezamento do traballo será XXXVI FEIRA DO...
leer más