Día do Libro

24/04/2025

O Concello do Vicedo celebrará o Día do Libro cun evento que terá lugar o vindeiro mércores, día 30 de abril, ás 17 horas na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade de animación á lectura pertencente ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de O Vicedo. O espectáculo chámase Historias fabulosas coa maxia, a cargo da compañía 2 Minds Combined.

A entrada é gratuíta.

 

Etiquetas:
23/04/2025

Con motivo da celebración do Día do Libro, o Concello de Cervo convoca un certame de creatividade dirixido ás crianzas e tamén ás persoas adultas. Os traballos poden presentarse ata o día 30 de abril.

“As crianzas de 3 a 6 anos poden facer o seu marcapáxinas orixinal; as crianzas de 7 a 11 anos deben continuar o relato que se inclúe no cartaz; e as persoas de 12 anos en diante poden escoller entre contar unha anécdota familiar ou seguir a historia que aparece no cartel. Animádevos! Tedes ata o 30 de abril para presentar os vosos traballos a través do correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683.315.939”, anuncia o Concello de Cervo.

16/04/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o vindeiro 26 de abril temos unha tarde chea de diversión, contos e sorrisos na Casa da Cultura de Alfoz, pensada para os máis pequenos e as súas familias”.

De 16:30 a 19:30 horas haberá Xogos no Día do Libro, que consistirá en “actividades variadas para gozar dunha tarde moi entretida”. E ás 19:30 horas, espectáculo Un libro baixo a almofada, da man de Caxoto, “ideal para público infantil e familiar”.

Son actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos, completamente de balde. Para asistir non fai falla inscrición.

23/04/2024

O Concello de Cervo convoca un concurso en conmemoración do Día do Libro, que se celebra este martes, 23 de abril. Os participantes están divididos en tres categorías diferentes en función da súa idade: entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 anos e maiores de 12.

Os máis pequenos, comprendidos entre os 3 e os 6 anos, terán que facer un marcapáxinas. Os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos deberán continuar a seguinte historia: “Todo se torceu o domingo a mediodía cando Xoves, o cuarto anano de Brancaneves, non aparecía por ningures. Os recordos de Brancaneves cos seus sete ananos eran ledos e con centos de aventuras divertidas e incribles, que resultaba moi triste pensar que xa non volvería ser así. Por iso, toda a vila das Neves …”. Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “Nunca...

leer más