
O Concello de Ribadeo celebrará o Día do Libro cunha actividade que se desenvolverá na biblioteca municipal El Viejo Pancho este xoves, 23 de abril, a partir das 17:00 horas.
“O vindeiro xoves 23 de abril queremos que a biblioteca sexa, máis que nunca, a túa casa. Para celebrar o Día do Libro temos preparado algo diferente: sentarnos e falar das nosas lecturas. Non importa se es de novela negra, poesía ou se estás comezando o teu primeiro libro do ano. Queremos escoitarte! Que faremos? Un faladoiro sobre o que estamos lendo agora mesmo, compartir frases e citas que nos marcaron e crear entre todos e todas unha listaxe de recomendacións. Porque, ao final, os libros son a escusa perfecta para xuntarnos e facer comunidade. Así que, xa sabes, trae o teu libro debaixo do brazo e ven pasar a tarde con nós”, anuncia o Concello de Ribadeo.


