Benéfico
O pavillón municipal de Ribadeo acollerá o vindeiro 25 de agosto un partido de fútbol sala feminino a beneficio da asociación Charcot Marie Tooth España.
O encontro será disputado polo Burela FSF e o Praias de Barreiros CD ás 18:00 horas. O prezo da entrada será de 3 euros. Atópanse á venda anticipada en Mayva Estétida e Galipizza en Ribadeo e tamén no bar A Ribeira en Barreiros.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos a carón de quen precise da nosa axuda e colaboración. Nesta vila temos unha veciña de 9 anos que padece esta enfermidade, que lle foi diagnosticada hai uns meses, e pareceunos unha moi boa iniciativa realizar en evento benéfico para darlle visibilidade e para recadar fondos que vaian destinados á investigación”.
... leer másO vindeiro xoves, 26 de agosto, terá lugar o concerto benéfico que ofrecerá a Coral Polifónica de Ribadeo. Será no Teatro ás 20:30 horas. O prezo da entrada solidaria será de 5 euros.
O concerto será a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. As persoas que non poidas asistir teñen á súa disposición unha fila 0 na que se poderán ingresas os donativos, se así o desexan. No Banco Santander hai habilitada unha conta para este fin.
A alcaldesa, Elena Candia, acompañada dos deseñadores Manuel Pampillón e Remedios Espantoso; do estilista Óscar Novo e da cantante Lucía Pérez, anunciou os detalles da gala benéfica, denominada 'La Moda y Tú' que se celebrará na localidade mindoniense o próximo domingo, día 8 de xaneiro, a partir das 19:00 horas no Auditorio Pascual Veiga.
O evento organízase co obxecto de recadar fondos para a investigación sobre o cancro infantil. O recadado destinarase íntegro para a asociación Nico Contra el Cáncer Infantil. Nas últimas horas foi presentado o cartel do evento.