Parque

Etiquetas:
26/12/2023

As pícaras e pícaros poden gozar do 26 ao 29 de decembro do Parque infantil de Nadal instalado na Sala Bahía. Conta con inchables, mini tren, obradoiros, barredora…

O Parque Infantil de Nadal está destinado a nenas e nenos a partir de 2 anos de idade. 

O horario de apertura será de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20  horas polas tardes. 

 

Etiquetas:
15/07/2023

O Concello de Viveiro organiza unha nova edición da Ruada de Contos, un evento xa consolidado no verán para a cativada viveirense.

Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega, "poñer en valor un sitio tan emblemático e tan bonito como é o parque Pernas Peón", onde terán lugar os contacontos. En caso de choiva, serán na Sala Multiusos do Concello.

A Ruada de Contos desenvolverase ao longo de tres xornadas, sempre no parque Pernas Peón. A primeira será o xoves 20 de xullo ás 19:30, na que Inventi Teatro representará 'As palabras perdidas'.

A segunda xornada será á semana seguinte, o xoves 27 de xullo, tamén ás 19:30. Será a quenda de 'RillaRilla', a cargo de Xarope Tulú. Finalmente, a Ruada de Contos rematará o xoves 10 de agosto ás 19:...

leer más
Etiquetas:
21/07/2021

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou o pequeno parque acuático no que se converterá a pista polideportiva do Campo da Cabana. 

A edil contou que “contaremos co Gravity, un gran tobogán, único en Galicia e que se estrea na Mariña. Nel, mozos/as e maiores poden lanzarse e saltar pola súa impresionante rampla de 35 metros de altura. Os/as máis pequenos/as, que non cheguen a 1,50m, poderán gozar do deslizador Selva, con dous tobogáns de 18 metros. Estreará este pequeno parque acuático a rapazada do programa Aberto x Vacacións, o xoves pola mañá, e na xornada de tarde xa poderán inscribirse todas as persoas que o desexen. Será necesaria a inscrición previa, na mesma pista polideportiva, para as diferentes quendas de mañá e tarde”.

Os horarios nos que estará aberto serán: xoves de 16 a 19...

leer más
Etiquetas:
03/09/2020

En agosto a Cova do Rei Cintolo tivo máis de 600 visitas. Consciente do interese que esperta este recurso natural e todo canto rodea á espeleoloxía, o goberno municipal de Mondoñedo, agora presidido por Manuel Otero, leva anos traballando para consolidar o municipio como destino turístico vinculado a esta modalidade. Esta mañá, o alcalde e a concelleira de Cultura, Elena Candia, mantiveron unha reunión co presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Francisco Martínez García, coa que o Concello mantén un convenio desde o 2016 polo que esta entidade se encarga das visitas guiadas á cova. No encontro de hoxe abordáronse novas iniciativas, entre as que destacan una nova opción dentro das visitas guiadas á Cova e o proxecto do Espeleoparque da Mariña Lucense que promove a Federación Galega de Espeleoloxía.

Os representantes do Concello...

leer más
20/08/2018

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou esta mañá a nova ubicación dos aparatos de exercicios biosaudables xunto coa concelleira de servicios sociais, Pilar Armada.

Estes aparatos foron situados a carón da nova pista de skate con vistas á ría. Coa Praza dos Campos, a bañeira de patinaxe o Parque Reina Sofía e as máquinas biosaudables, preténdese crear un espazo onde poder concentrar diferentes actividades físicas que sexan capaces de satisfacer as necesidades de diferentes grupos de idade.

Segundo afirma Villares, “esta nova ubicación permite concentrar diferentes tipos de actividade física nunha contorna privilexiada no centro de San Ciprián”. 
Así mesmo, o alcalde incideu “na importancia de seguir apostando por infraestructuras e actividades que poñan en valor a importancia do coidado da saúde e o...

leer más