Mocidade
Hoxe arrincan as noites de verán organizadas pola Concellería de Mocidade e Deportes. Será na pista multideporte cun mini torneo de fútbol sala 3x3, que se desenvolverá ata o mércores, día 15, en horario de dez a doce da noite e cos equipos por categoría de idade (sub 12, 15, 17 e senior). E do 20 ao 22 de xullo tamén pola noite na pista multideporte e nas mesmas categorías terá lugar un mini torneo de baloncesto 3x3.
Mañá, día 14, de 16 a 19:30 horas haberá festa acuática con inchables na auga, kaiak e padel na praia dos Bloques, cita que volverá repetirse o 20 de agosto no mesmo horario e no mesmo areal.
Ademais o 29 de xullo haberá kaiaks de 16 a 19:30 horas; o 30 de xullo no mesmo horario paddel surf; e deslizadores acuáticos o 4 de agosto de 16 a 19:30 horas e os días 5, 6 e 7 de agosto de 11:30 a 14:00 horas...
leer másO Concello de Viveiro manterá aberto durante os meses de xullo e agosto o campo de fútbol Marcos Gómez, en horario de 8.00 a 15.00 horas.
“O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival”, explica o Concello de Viveiro que tamén subliña “a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade”.
O Concello de Barreiros, a través da súa aula CeMIT e, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, acolle o programa Tech Kids: Argallando entre xeracións, un obradoiro creativo de 3 días de duración para espertar o talento dixital e a capacidade de innovación entre a mocidade. A formación terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto, en horario de 9:30 a 12:00 horas na aula CeMIT de Barreiros.
“Esta iniciativa, dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas preferentemente entre os 12 e os 18 anos, ten dous obxectivos claros: por unha banda, familiarizar á rapazada coas tecnoloxías disruptivas que definen o presente e o futuro; e por outra, desenvolver competencias transversais como a resolución de problemas, o pensamento crítico e o traballo en equipo nunha contorna colaborativa. Durante o...
leer másEste mércores, 10 de xullo, seguen as actividades para a mocidade organizadas polo Concello de Ribadeo. Haberá Cine na Rúa a partires das 22:30 horas. No Campo de San Francisco proxectarase “Super Mario Bros. La película”.
E o xoves, día 11, na pista de skate desde as oito da tarde ás doce da noite haberá sesión dj con Pedro Bermúdez.
Desde a Concellería de Mocidade animan a gozar desta programación que daba comezo o pasado 3 de xullo e que se vai prolongar ata o 9 de agosto.
A mocidade gozará de cine na rúa en xullo, de sesións dj en xullo e agosto, e de actividades acuáticas do 5 ao 8 de agosto na praia dos Bloques.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “as actividades que programamos para a mocidade darán comezo o vindeiro mércores, 3 de xullo, con cine na rúa. No Campo de San Francisco ás 22:30 horas os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo proxectaranse películas como Amigos hasta la muerte, Super Mario Bros, Salta, A praia dos afogados e Barbie”.
O edil ribadense contou que “tamén haberá sesións con djs na pista de skate. Serán ás 20 horas con Litainer os días 19 de xullo e 9 de agosto e con Pedro Bermúdez o 12 de xullo e o 2 de agosto”.
Silvent comentou que “ademais na praia dos Bloques do 5 ao 8 de agosto as rapazas e os rapaces...
leer másO Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro, integrado por 12 mozas e mozos, organiza este sábado, 23 de marzo, un Scape Room deseñado por eles e destinado á mocidade de 12 a 17 anos.
A actividade será no pavillón Antonio Tarrío a partir das 17:00 horas. A mocidade interesada en inscribirse, en grupos de como máximo seis persoas, pode facelo no mail p.v.x.grupodeparticipacion@gmail.com ou no instagram @p.v.x.2022 indicando nome e apelidos das persoas integrantes e un teléfono de contacto.
“Esta actividade da continuidade ao traballo feito polas mozas e mozos integrantes do grupo de participación xuvenil, que se enmarca dentro da aposta do municipio pola atención á infancia e adolescencia e a importancia de que asuman roles activos de...
leer másO Concello de Burela anuncia o seu I Concurso sobre actitudes positivas nas relacións, cuxas bases serán publicadas proximamente.
O certame estará aberto a rapazas e rapaces entre 12 e 30 anos, que poderán presentar un traballo artístico de calquera tipo sobre a temática sinalada. Valorarase tanto o contido como o tratamento do tema, así como a orixinalidade e a expresión.
“Aínda que aproveitamos o día de San Valentín para anuncialo, cremos que o amor ten moitas formas e nada ten que ver co mito do amor romántico", explica o concelleiro de Mocidade e Educación e primeiro tenente de alcaldesa Mario Pillado.
O obxectivo do certame, explica o edil, é "que a xente moza nos dea unha idea do que deberan ser para eles e elas as relacións, xa sexan de parella, amizade, familiares ou mesmo cos...
leer másO Concello de Cervo vén de subscribir un convenio de colaboración co Burela Fútbol Sala co obxectivo de promocionar as instalacións municipais e de fomentar a práctica deste deporte e os hábitos de vida saudables entre a mocidade do municipio.
No sinatura participaron a rexedora, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, e o presidente do Burela FS, Manuel Blanco.
O documento contempla a visita dos membros do primeiro equipo do Burela FS masculino e feminino aos centros escolares do municipio, que participarán ao longo do curso, e sempre que os seus compromisos de competición llo permitan, en diferentes charlas e seminarios co fin de compartir cos nenos e nenas as súas experiencias como profesionais da elite neste deporte, e súa realidade diaria, fomentando tamén unha...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá os días 22 e 23 deste mes, sábado e domingo, unhas xornadas para achegar a figura de Francisco Fernández del Riego á xente nova. Están organizadas pola Mesa Coordinadora Don Paco, polas Escolas Deportivas Lourenzá e polo Concello e na presentación participaron representantes destas entidades.
A presidenta da Mesa Coordinadora Don Paco e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou: “estas xornadas, que organizamos os días 22 e 23 de abril, son outras das moitas actividades que están enmarcadas dentro dese calendario de actos do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Nesta ocasión trátase dunha serie de eventos que van destinados á xuventude e que están moi ligados co deporte. Están organizados pola Mesa Coordinadora Don Paco e polas Escolas Deportivas do Concello e agardamos achegar a figura de...
leer másO Concello de Ribadeo e a Anpa Esteo organizan obradoiros de voleibol destinados á mocidade nos meses de abril e maio. A actividade enmárcase no programa o Concello cos Coles.
Neste proxecto colaboran o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e a empresa de tempo libre Anacos de Lecer.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “consideramos que o deporte contribúe á educación integral da mocidade, ao desenvolvemento harmónico da súa personalidade, á formación en valores e á adquisición de hábitos saudables”.
A edil ribadense sinalou que “como obxectivo ademais de adquirir destreza e coñecemento na práctica desta disciplina deportiva, o que se persegue é fomentar en todo momento a participación por riba do resultado e a concepción igualitaria”.
As datas de...
leer más












