campo de fútbol

27/06/2026

O Concello de Viveiro manterá aberto durante os meses de xullo e agosto o campo de fútbol Marcos Gómez, en horario de 8.00 a 15.00 horas.

“O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival”, explica o Concello de Viveiro que tamén subliña “a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade”.