Papá Noel

Etiquetas:
22/12/2024

O Concello de Barreiros anuncia que “o martes 24 de decembro Papá Noel fará unha parada moi especial en Barreiros. Trae a túa carta, os teus desexos e moitas ganas de pasalo ben! Papá Noel estará encantado de coñecer ás crianzas barreirenses antes desa noite tan máxica. Agardámosvos no centro sociocultural de San Cosme ás 17:00 horas”.

 

21/12/2024

A Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá a obra “En busca de Papá Noel”, representación a cargo de Trémola Teatro, o luns 23 de decembro ás 17:30 horas. Está dirixida Público infantil e familiar.

“A Marta encántalle o Nadal, é a súa época favorita do ano e por iso ten clarísimo que quere ir ata Laponia e coñecer ao mismísimo Papá Noel. Polo camiño atópase con dous amigos cos que vivirá moitas aventuras. Pensades que ao final conseguirán chegar a coñecer a Papá Noel? Acompáñanos a descubrir esta divertida aventura”, anuncia o Concello do Valadouro.

17/12/2024

Alfoz recibirá a visita de Papá Noel e acollerá un concerto da banda de música Pascual Veiga, de Mondoñedo, este sábado, día 21 de decembro.

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado 21 na Biblioteca de Alfoz teremos unha visita moi especial, ás 18.00 horas, recibiremos a Papá Noel, que estará encantado de coñecer a todas as nenas e nenos que se acerquen! Recordade traer as vosas cartas ao buzón máxico. E no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 19.30 horas teremos un concerto de Nadal a cargo da Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo”.

15/12/2024

O día 19 de decembro, xoves, Ourol recibirá a visita de Papá Noel con un acto no que haberá tamén un contacontos de Nadal. Será no Edificio Multiusos ás 18:00 horas e está destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de decembro.

O Concello de Ourol anuncia: “moi poucos coñecemos a verdadeira historia de Papá Noel. A través deste contacontos descubriremos todos os segredos da súa vida e como comezou a facerlle regalos ós nenos e nenas. Unha historia chea de maxia , amizade e ilusión. Acompañádenos o día 19 de decembro as 18:00 horas. No edificio multiusos de Ourol. Haberá moitas sorpresas!!! Inscricións na páxina web do concello de Ourol, no apartado de Biblioteca ou na páxina de Facebook do concello de Ourol no enlace habilitado. Non esquezades traer a carta para Papá Noel!!...

leer más
04/12/2024

Hasta el día 5 de enero los niños y niñas que lo deseen podrán depositar sus cartas para Papá Noel y los Reyes Magos en el buzón que Correos ha instalado en la oficina postal de Burela.

Además de fomentar el espíritu navideño, esta iniciativa de Correos también pretende fomentar la práctica de la escritura entre los más pequeños de la casa. Por eso estas Navidades en las oficinas de Correos con buzón especial y a través de Correos Market también se podrán conseguir “packs mágicos”, que contienen cartas para escribir los deseos, sobres especiales y pegatinas con motivos navideños para decorarlas y que llamen la atención de sus ilustres destinatarios....

leer más
Etiquetas:
21/12/2023

Papá Noel visitará Lourenzá este venres, 22 de decembro. Para as 16:00 horas está prevista a súa chegada ao Centro de Día e a continuará fará un percorrido polas rúas de Vilanova, no que estará acompañado por membros da asociación VespaFaba & Clásicos e a música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. E ás 18:00 horas recibirá aos nenos e nenas nos baixos da Casa do Concello.

É unha actividade organizada polo Concello de Lourenzá.

Etiquetas:
21/12/2023

Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas. 

“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.

Etiquetas:
20/12/2023

O Motoclub Ruta N-634 organiza a sexta edición da súa Papanoelada Moteira en Mondoñedo este sábado, 23 de decembro. Será a partir das 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá sorteos, agasallos, inchables e chocolate. 

Este evento contará coa presenza de Adrián Méndez, mindoniense campión nacional de enduro na categoría de 65 centímetros cúbicos que presentará a súa nova moto, de 85 cc.

Etiquetas:
17/12/2023

A Biblioteca Municipal de Ourol organiza a visita de Papá Noel con contacontos de Nadal para o día 21 de decembro, xoves. Será ás 18:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.

Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, que poderán levar as súas cartas para Papá Noel.

A inscrición para asistir está aberta ata o 20 de decembro a través do seguinte enlace: https://forms.gle/p9sEpKhNvsnT8dbr9.

Os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.

 

19/11/2023

O vindeiro 24 de decembro Papá Noel estará no Valadouro, onde se realizará unha recepción para todos os nenos e nenas que se queiran achegar.

En colaboración co Motoclub Val D’Ouro convídase a participar na Papanoelada moteira vestidos coa indumentaria vermella para percorrer as rúas do val ata a recepción a Papá Noel.