Papá Noel visitará Barreiros este martes, 23 de decembro, convidado polo Concello

O Concello de Barreiros anuncia que “Papá Noel chama á porta e quere falar coas nenas e nenos de Barreiros. Cóntanos que estará o martes 23 de decembro no centro sociocultural de San Cosme a partir das seis da tarde. Seica vén con moitas ganas de saudar á cativada e ás súas familias, así que animámosvos a achegarvos a este encontro tan especial e agardado do Nadal”.