Papá Noel visitará Barreiros este sábado, 23 de decembro

Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas. 

“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.