CB Breogán
O Concello de Viveiro, en colaboración co Club Baloncesto Viveiro, organiza o primeiro partido de pretempada do Río Breogán. O equipo lucense enfrontarase ao Porto, actual subcampión da Liga portuguesa, o domingo 31 de agosto ás 12.30 horas no Pavillón Municipal.
O Concello de Viveiro anuncia que “o Breogán será o único equipo galego na Liga ACB esta temporada. O último día de agosto ofrecerá aos viveirenses a oportunidade de coñecer o seu proxecto e as novas fichaxes de cara ao curso 2025-2026. As entradas terán un prezo de 10 euros para adultos, 5 euros para nenos e nenas de 7 a 17 anos, e entrada gratuíta para menores de 7 anos. Poderán adquirirse en liña a través das webs do Río Breogán e do Club Baloncesto Viveiro, así como de forma presencial nos establecementos Viveiro Van Surf e Vinoteca Aquitania”.
Mariña...
leer más