Xaneiro
A Escola de Arroxo-Biblioteca Maravilhas, no municipio de Lourenzá, exporá unha mostra de xilografías de Luís Seoane do 24 ao 31 de xaneiro para conmemorar o nacemento de Maruja Seoane.
A inauguración da exposición está programada para este mércores, día 24, ás 19:00 horas.
Para máis información as persoas interesada poden contactar coa organización desta actividade por WhatsApp co teléfono 638.41.85.45.
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha exposición sobre deportados da Mariña aos campos de exterminio nazis que poderá visitarse no Centro Multitusos do Concello de Viveiro ata o día 21 de xaneiro.
A mostra será inaugurada este venres 12 ás oito da tarde cun coloquio sobre as deportacións no que participarán Antonio Muñoz, investigador da Universidade de Lisboa; Miguel Freire, profesor e directivo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica; e Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro.
O xoves 18, no mesmo lugar e tamén ás 20:00 horas, terá lugar unha charla sobre “A evacuación do Santa Teresa, de Viveiro a Francia (1946)”, a cargo do profesor e historiador Ramón García Piñeiro.
Os días 13 e 20 de xaneiro seguirá en Ribadeo e na Pontenova o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. A inscrición para participar está aberta.
O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O devandito programa, que deu comezo o pasado 30 de decembro, inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.
A xerente do PSTD, Tania Hermida, explicou que “avanzamos no...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o sábado, 14 de xaneiro, ás 20:30 horas o concerto presentación do disco Origen do viveirense David Catá. Catá é un artista multidisciplinar recoñecido a nivel internacional polos seus traballos nos que combina a fotografía, a videocreación, a pintura e a música.
Cunha obra que xa foi exposta en diferentes países e que acadou numerosos premios agora da un novo paso coa creación do seu primeiro álbum musical que fala da memoria, do esquecemento, da perda do ser querido e que ten moito de autobiográfica.
O compositor e pianista estará acompañado no escenario por Carla Alonso e Celia Montañez ao violín, por Ana Represas ao violonchelo e por María Villarquide na frauta. A entrada será de balde.
A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá acolle a mostra titulada Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a Ría, que estará aberta ao público ata o 10 de xaneiro de 2022.
Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá; a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo; e o grupo de investigación Áncora.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que esta exposición “é interesante para todo tipo de público e recomendada para que @s nen@s coñezan a riqueza arqueolóxica que hai nos fondos dos mares e das rías”.
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Campañazo, que se desenvolverá os venres 10, 17, 24 e 31 deste mes de xaneiro. Hai 2.400 euros en premios, que son vales de compra, e participan 40 establecementos focenses.
Os sorteos realizaranse a partir das 23:00 horas a través de Radio Foz (107.4 FM) en directo. Para participar hai que seguilos desde algún dos locais hostaleiros participantes e desde alí chamar a Radio Foz para cantar o premio. Desde o CCA lembran que “a primeira persoa que cante premio recibirá 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos que participan nesta campaña e entre o resto de participantes con cartóns premiados repartiranse outros 300 euros en vales”.
Os establecementos comerciais participantes neste Campañazo do CCA focense son Alain Afflelou Óptico,...
leer más