pista de atletismo

15/07/2026

O Concello de Cervo amplía desde este mércores, 15 de xullo, e durante toda a tempada estival, a franxa horaria de reserva da pista de atletismo do complexo deportivo da Veiga, que poderá utilizarse todos os días entre as 08:00 e as 21:00 horas.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, explica que esta medida “é posible ao non haber durante o verán competición oficial nin adestramentos regulares, polo que a instalación permanecerá dispoñible nun horario máis amplo para as persoas usuarias”.

Como principal novidade, a pista tamén poderá reservarse durante as fins de semana, algo que non era posible durante a tempada de inverno debido á celebración da competición oficial no complexo deportivo. Deste xeito, durante os meses de verán a instalación estará dispoñible de luns a domingo, de 08:00 a 21:00 horas. Unicamente permanecerán bloqueadas aquelas datas e franxas horarias nas...

leer más