A Veiga
O municipio de Cervo será sede o vindeiro 10 de maio do Campionato Provincial de Xogade, que se disputará nas pistas municipais de atletismo da Veiga pola mañá.
A cita foi presentada este venres, 24 de abril, nas propias instalacións, aproveitando o ambiente deportivo da celebración da cuarta e derradeira proba preparatoria do programa, nas pistas cervenses. No acto participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Cadramón; o delegado responsable da Federación Galega de Atletismo, Pablo Gandoy e o responsable da ADE Mariña, Rubén García.
O Concello de Cervo explica que durante a presentación puxéronse en valor “as excelentes condicións das pistas da Veiga para acoller unha competición destas características, así como a capacidade organizativa do municipio...
leer másLas pistas de atletismo municipales de A Veiga, en el municipio de Cervo acogerán este domingo, día 5 de abril, la segunda edición del Encuentro Cantábrico de Fondo. Este evento deportivo está organizado por las federaciones de atletismo de Asturias y de Galicia.
Se disputará el XXV Campionato Xunta de Galicia de 10.000 absoluto, máster, sub 23 y 5.000 sub 20 y sub 18, que es el VI Memorial Alejandro Gómez. Y también el Campeonato de Asturias de Atletismo de 5.000 y 10.000 y habrá además Control de Marcos RFEA Nivel II.
Cervo será escenario este venres dunha nova xornada do programa Xogade. As pistas da Veiga acollerán desde as 17:00 horas esta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil.
O Concello de Cervo destaca que este evento deportivo é “toda unha oportunidade e atractivo para seguir contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico do concello. A cuarta e última proba celebrarase xa o 9 de maio. Xogade é un programa nado na tempada 2009/10 para dar resposta ao Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia, en colaboración coas federacións e agrupacións deportivas escolares galegas. Máis do 50% dos/as escolares galegos/as de entre 6 e 16 anos gozan da experiencia Xogade, chegando a preto de 150.000 nas últimas tempadas.
Este programa ten como iniciativa levar a actividade a todos os...
leer másAs pistas da Veiga, no concello de Cervo, acollerá este sábado, día 12 de abril, o II Trofeo de Marcha Atlética, puntuable para o Circuíto Galego desta disciplina.
A cita arrincará ás 11:00 horas e agardase a participación duns 70 atletas de toda Galicia que competirán nas categorías SUB-12, SUB-10, SUB-14, SUB 16, e absoluta, masculina e feminina, na meirande parte das franxas de idade.
Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a desfrutar da competición e agardan que os participantes aproveiten a ocasión para descubrir todo o que pode ofrecer o concello.
O concello de Cervo será de novo este venres, día 11 de abril, escenario dunha proba de atletismo do Programa Xogade da Xunta de Galicia, recuperando así a sesión que fora suspendida o pasado 22 de marzo polas inclemencias do tempo. As pistas da Veiga acollerán desde as 17:00 horas esta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil. As seguintes citas do calendario serán o 25 de abril e o 9 de maio, anuncia o Concello de Cervo.
Xogade é un programa nado na tempada 2009/10 para dar resposta ao Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia, en colaboración coas federacións e agrupacións deportivas escolares galegas. Máis do 50 por cento dos/as escolares galegos/as de entre 6 e 16 anos gozan da experiencia Xogade, chegando a preto de 150.000 nas últimas tempadas. Este programa ten como iniciativa levar a...
leer más







