O concello de Cervo será escenario este sábado, 12 de abril, do II Trofeo de Marcha Atlética

As pistas da Veiga, no concello de Cervo, acollerá este sábado, día 12 de abril, o II Trofeo de Marcha Atlética, puntuable para o Circuíto Galego desta disciplina.

A cita arrincará ás 11:00 horas e agardase a participación duns 70 atletas de toda Galicia que competirán nas categorías SUB-12, SUB-10, SUB-14, SUB 16, e absoluta, masculina e feminina, na meirande parte das franxas de idade.

Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a desfrutar da competición e agardan que os participantes aproveiten a ocasión para descubrir todo o que pode ofrecer o concello.