Proxección

03/06/2018

A Asociación Cultural O Pasatempo anuncia a presentación e proxección da pelicula "Dhogs", do director meirense Andrés Goteira, que foi galardoada con 13 estatuíñas nos recentes Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Será o domingo, 10 de xuño, ás 20 horas no Auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo. Posteriormente, haberá un coloquio para saber máis da rodaxe e outras curiosidades coa presenza do citado director Andrés Goteira e co produtor executivo Adrián Folgueira. 

A Asociación O Pasatempo subliña que “é orgullosa mecenas do proxecto, xa que a película saíu adiante grazas ao micro mecenazgo a través de páxina web. Como curiosidade, xa no ano 2014 nas II Xornadas de Curtametraxes realizadas por esta asociación en Mondoñedo, o director estivera presente mostrando curtas súas e explicando o proxecto da película Dhogs".

 

Etiquetas:
03/05/2018

Cine Ribadeo proxectará a película Red de Libertad o vindeiro xoves, día 10 de maio, por iniciativa do colexio ribadense Sagrado Corazón.

O centro anunciou hoxe que “con motivo da celebración de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, o colexio Sagrado Corazón promove a proxección da película Red de Libertad (2017). Nela a actriz Asumpta Serna encarna a figura de Helena Studler, filla da caridade que na Francia da segunda guerra mundial creou unha rede que empezou asistindo ós prisioneiros dos campos alemáns e que axudou a fuxir ata a 2.000 persoas das mans dos nazis. A película fai visible o carisma vicenciano: estar presente cos que sofren”.

O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, explica tamén que “o alumnado de ESO asistirá á proxección. Dende o centro convidamos ó...

leer más
06/12/2016
A Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil.
 
O auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil programadas polo Concello de Cervo. Serán os días 10, 17 e 29, todas elas ás oito da tarde.
 
O día 10, sábado, ofrecerase a película Os fenómenos; o 17, tamén sábado, Lobos sucios; e o 29, xoves, El club de los incomprendidos.
 
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “esta é a programación de cine para adultos, mozos e mozas, do mes decembro, que se proxectará na nova pantalla coa que contamos na Casa da Cultura, de San Ciprián, e que se estreou o domingo 27 de novembro cunha película infantil, que tivo moi boa acollida. Dende o Concello de Cervo vamos seguir apostando polos ciclos...
leer más
04/11/2016
O Teatro de Ribadeo acollerá o 11 de novembro a proxección de "Vida", o último traballo como director de Rubén Riós.
 
O Teatro de Ribadeo situado na Rúa de San Roque,  2, acollerá o próximo venres, 11 de novembro, ás 20:30 horas, a proxección da obra  de ficción Vida e o documental Máis ca Vida do director e actor galego Rubén Riós. No acto, estarán presentes, ademais do propio director, o actor e actriz protagonista, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro que, unha vez concluída a proxección, aproximarán en primeira persoa as súas percepcións do que significou para eles levar a cabo este proxecto que tanto ten marcado as súas vidas.
 
Logo dun ano de ensaios e traballo con persoas deste colectivo con capacidades diferentes, o director percatouse das súas inmensas gañas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. O seu espírito, forza e traballo en equipo concluíron na  realización de dúas grandes obras...
leer más
Etiquetas:
29/08/2016
O 30 de agosto conclúe en Burela o ciclo de cine ao aire libre, que organizou durante o verán a Concellería de Cultura. Será coa proxección de "La Oveja Shaun".
 
Mañá, martes, conclúe o ciclo de cine ao aire libre organizado pola Concellería de Cultura, coa proxección da película La Oveja Shaun.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “mañana día 30, martes, cerramos prácticamente el mes con la cuarta sesión de este verano de cine al aire libre. Ya tuvimos tres con respuesta muy buena de la gente con muchos niños y adultos llenando esa plaza da Mariña. Será la última del verano porque en septiembre ya es arriesgarse más hacer este tipo de eventos, ya hace más frío por las noches y hay más riesgo de lluvia”.
 
O edil socialista cre que “estuvo bien con cuatro sesiones en verano. La última película es...
leer más
Etiquetas:
22/08/2016
Este martes, 23 de agosto, haberá nova sesión de cine ao aire libre en Burela. Na praza da Mariña proxectarase "Pixels".
 
O 23 de agosto a partir das 22:30 horas pequenos e maiores poderemos disfrutar dunha nova sesión de Cine ao aire libre na Praza da Mariña coa proxección de Pixels(2015), un filme en 3D que conta como uns extraterrestres malinterpretan as imaxes das máquinas recreativas como unha declaración de guerra e deciden atacar a terra empregando devanditos xogos como modelos para o asalto. O presidente dos EEUU, Will Cooper (Kevin James), recorre entón ao seu gran amigo da infancia e campión das maquiniñas dos anos 80, Sam Brenner (Adam Sandler), quen actualmente traballa como instalador de sistemas de home cinema, para encabezar un equipo de expertos xogadores da súa época (Peter Dinklage e Josh Gad) cuia misión será derrotar aos extraterrestres e salvar ao planeta. Michelle Monaghan interpreta á experta en armas do...
leer más
Etiquetas:
25/07/2016
Este martes, 26 de xullo, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre en Burela. Vaise proxectar a película "Los pingüinos de Madagascar".
 
Mañá, martes, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz. 
 
Ás 22:30 horas proxectarase a película Los pingüinos de Madagascar, destinada ao público familiar. 
 
O edil socialista dixo que “aproveitaremos esta nova cita co cine ao aire libre para proxectar tamén as fotos que participaron no concurso da noria xigante, que tivemos hai unhas semanas aquí en Burela. E entregaremos os premios aos gañadores, aos que reuniron máis me gustas nas redes sociais. Faremos entrega do primeiro e do segundo premio”.
 
... leer más
Etiquetas:
21/07/2016
O 25 de xullo no Campo da Cabana, en Foz, preséntase a proxección fotográfica "Riquezas paisaxísticas e arquitectura histórica da Mariña de Lugo", de Xesús do Breogán.
 
O vindeiro luns, 25 de xullo, no polideportivo Campo da Cabana, ás 22:30 horas, presentarase a proxección fotográfica Riquezas Paisaxísticas e Arquitectura Histórica da Mariña de Lugo, de Xesús do Breogán. O acto está organizado polo Concello e por Sempre Foz e conta co patrocinio do Centro Comercial Aberto.
 
Xesús do Breogán explicou que “trátase de dar a coñecer ao turista e tamén aos veciñas e veciñas de Foz todas as riquezas paisaxísticas que temos aquí. Precisamente o programa titúlase Riquezas Paisaxísticas e Arquitectura Histórica da Mariña de Lugo”.
 
O autor da proxección subliñou que “hai na Mariña unhas cinco cataratas, unha delas ten trinta...
leer más
04/05/2016
O documental "Cantando a Manuel María" presentase este venres, 6 de maio, en Viveiro.
 
Este venres, 6 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro presentarase o documental "Cantando a Manuel María".
 
Trátase dun documental de Gonzalo E. Veloso construído a partir de conversas entre compañeiros e amigos do escritor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
 
O acto dará comezo ás 21:00 horas e a entrada é de balde.
 
Etiquetas:
02/05/2016
A Casa da Cultura de Foz acollerá a proxección da película "Lobos Sucios". Será este xoves, 5 de maio.
 
A Casa da Cultura de Foz acollerá a proxección da película Lobos sucios este xoves, día 5, ás 20:30 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos e o prezo da entrada é de 3 euros. É un acto organizado pola Delegación Municipal de Cultura.
 
Lobos sucios é unha coprodución hispano belga do ano 2015, ten unha duración de 105 minutos e está rodada en castelán. É un thriller drama dirixido por Philippe de Chauveron e inspirado libremente en feitos, historias e personaxes reais. É unha historia de supervivencia, espionaxe e amor situada nunha contorna máxica de Galicia, concretamente nunha aldea da provincia de Ourense, en 1944.