A Rilleira

Etiquetas:
10/08/2025

A Rilleira, no concello de Barreiros, celebrará un xantar de irmandade veciñal o día 16 de agosto, sábado. Para participar hai que comprar os tickets previamente e o prazo remata o 11 de agosto.

Este evento está organizado pola asociación cultural A Parrala. Ademais da comida haberá misa ás 13:00 horas na capela de San Sebastián, sesión vermú co dúo Epo-K e concerto do cuarteto tradicional Viñeras, de Ribadeo, ás 18:30 horas na pista polideportiva da Rilleira.

25/07/2025

A película de cine mudo titulada O barco de vapor de Bill Jr., coas cartelas escritas en galego, proxectarase no teleclube da Rilleira (Barreiros) o día 2 de agosto, sábado.

Anunciouno o grupo amarinha.gal, que explica: “hai poucos días tivo lugar o evento Soberanía dixital VI: Dominio público, tamén teu, a sexta das actuacións deste ano 2025 promovidas por amarinha.gal. Nese acto deuse a nova de que habería un pase de cine baseado nunha película no Dominio Público. Ese momento chegou: será o sábado día 2 de agosto ás 19 horas na Rilleira, no teleclube que serve de sede á asociación de veciños A Parrala. Alí terá lugar a proxección e pequena discusión, a modo de cineclube familiar, sobre a película de ...

leer más
14/07/2025

O Concello de Barreiros anuncia: “para este domingo, 20 de xullo, ás 19:00 horas tedes unha cita no Teleclub da Rilleira con Ángeles Goás, unha fantástica contadora de historias que chega desde Abadín. Contos da Torre, do Foco e de Romariz, así titula Ángeles Goás este espectáculo que trae contos de Provecende, de Quende, de Villarente... Contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto... Contos que me contaron e que levo comigo sempre”.

Esta actividade está incluída no programa A Voltas cos Contos, que está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

21/06/2025

O Concello de Barreiros comezará o luns 23 de xuño un novo taller sobre o uso do teléfono móbil no Teleclub da Rilleira. Será todos os luns de 10:00 a 11:00 horas.

As persoas interesadas en asistir deben anotarse no Concello, ben presencialmente nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982.124.002. Estes talleres, que estamos achegando a distintos lugares do municipio, son impartidos polo obradoiro de emprego no módulo de dinamización. Co seu alumnado aprenderedes a facer un uso máis consciente e informado dos móbiles, sobre todo as persoas maiores, as cales poderán sacarlle máis partido ao seu terminal.

Xunto con estes talleres combínase unha recollida de fotografías antigas para crear un fondo documental por parroquias que sirva para manter a memoria colectiva e das familias, polo que animamos á xente a...

leer más