Os Remedios

27/08/2025

Mondoñedo prepárase para vivir as súas festas patronais na honra da Nosa Señora dos Remedios, que se celebrarán do venres 12 ao luns 15 de setembro, combinando tradición relixiosa, música, cultura, deporte e actividades para todas as idades.

O Concello de Mondoñedo anuncia que “o programa inclúe catro xornadas cheas de eventos que unen o sentimento relixioso coa oferta lúdica e cultural. A Novena dos Remedios, a Misa de Ofrenda e a solemne procesión do domingo ou a Misa de Cofrades do luns festivo marcarán os momentos máis destacados no plano relixioso. No eido musical e festivo, destacan as actuacións da Mekanika Rolling Band (venres), a orquestra Principal e o concerto de Natalia, concursante da primeira edición de Operación Triunfo (sábado), a verbena coa orquestra Combo Dominicano (domingo), e a música de D-Kris na sesión vermú do luns...

leer más
04/09/2024

A comisión de festas da Virxe dos Remedios e o cura párroco do Santuario, Pedro Díaz, presentaron a programación das festas patronais que se desenvolverán o sábado 14, domingo 15 e luns 16 de setembro, festivo local.

O sábado o parque da alameda será o escenario da actuación do Dúo Zafiro e pola noite tocará a orquestra Magma, considerada unha das mellores de Portugal e que actuará por primeira vez nesta comarca. Esa mesma xornada está previsto o evento DJs no Camiño, co patrocinio de Radio Líder e da Xunta de Galicia, así como tamén a XII edición de Cantos de Taberna.

O domingo é o día principal, coa ofrenda presentada este ano polo alcalde de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. A orquestra Pontevedra, así como a comparsa XX, serán as...

leer más