Andaina Solidaria
A segunda edición da Andaina Solidaria A Mariña, memorial Carmela Primo, terá lugar en Viveiro, este sábado, día 7 de xuño, desde as 11:00 horas.
O Concello de Viveiro anuncia que a saída será desde a praia de Area (Celeiro) e a chegada na Praza Maior (Viveiro). O percorrido farase polo Camiño do Mar, a distancia é de 7 quilómetros e o prezo é de 8 euros. Tamén explica: “inscricións na túa Cáritas Parroquial máis próxima ou escaneando o código QR do cartel. Todos os fondos recadados destinaranse á atención de persoas vulnerables”.
A asociación comarcal Camiña organiza a Primeira Andaina Solidaria Camiñando Xuntos este domingo, día 6 de abril, en Burela. A saída será ás 11:00 horas desde a Praza do Concello e o percorrido irá ata a praia de Ril, ida e volta.
O prezo da inscrición é de 5 euros (destinados á Camiña) e pode facerse previamente en...
leer másCáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol organiza para este sábado, 25 de maio, a primeira Andaina Solidaria A Mariña Memorial Carmela Primo. Será en Barreiros ás 11:00 horas.
Farase unha ruta circular de 6 quilómetros, con saída e chegada á praia de Coto, en Barreiros. Ás 09:00 horas sairá un autobús para as persoas participantes desde Viveiro e fará paradas en Xove, San Cibrao, Burela e Foz ata Barreiros.
Todos os fondos recadados irán destinados á atención a persoas vulnerables.
As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 652.15.01.54.
Nesta iniciativa de Cáritas colabora o Concello de Barreiros.