Telmo Cao
O Concello de Cervo colabora coa organización dun curso de iniciación á forxa tradicional, que será impartido polo artesán Telmo Cao no seu obradoiro situado na antiga nave de fundición de Sargadelos entre os días 4 e 8 de agosto.
A actividade, que conta con prazas limitadas, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en achegarse a este oficio tradicional a través dunha formación teórico práctica nun espazo único, como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
O obradoiro no que se desenvolverá o curso ocupa un edificio histórico do século XVII, restaurado no ano 2017, que foi cedido ao artesán polo Concello de Cervo no 2020 co obxectivo de apoiar e dar continuidade a proxectos vinculados á recuperación e dinamización do patrimonio cultural e artesanal.
O curso está...
leer más