
A Rilleira, no concello de Barreiros, celebrará un xantar de irmandade veciñal o día 16 de agosto, sábado. Para participar hai que comprar os tickets previamente e o prazo remata o 11 de agosto.
Este evento está organizado pola asociación cultural A Parrala. Ademais da comida haberá misa ás 13:00 horas na capela de San Sebastián, sesión vermú co dúo Epo-K e concerto do cuarteto tradicional Viñeras, de Ribadeo, ás 18:30 horas na pista polideportiva da Rilleira.