CD San Ciprián
13/06/2025
O Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza unhas xornadas gratuítas de iniciación e diversión co voleibol para rapaces e rapazas de 9 a 17 anos. Serán os días 16 e 19 de xuño no Pavillón da Veiga. Haberá dúas quendas: ás 18:00 ou ás 20:00 horas.
“Se che gusta o deporte ou queres probar algo novo, achégate e goza co volei nun ambiente divertido. Non precisas experiencia previa! Anímate e participa! Podes recibir máis información no teléfono 637.77.44.84”, anuncia o Concello de Cervo.