Monte
A parroquia de San Isidoro de Monte, no concello de Xove, celebrará a feira de gando do San Bartolo o día 24 de agosto, domingo.
O Concello de Xove explica que a feira de gando do San Bartolo “é un evento anual que reúne a gandeiros/as, criadores/as e entusiastas do sector para amosar e comerciar con animais de alta calidade. Este ano, novamente o 24 de agosto, celebrase na parroquia de San Isidoro de Monte esta tradicional feira, que repartirá premios nos concursos gandeiros que se celebraran pola mañá (maior número de reses cabalares e maior número de reses de gando vacún) e no concurso de marcha que terá lugar pola tarde”.
Na presentación do cartaz desta feira estiveron presentes membros da directiva da Comunidade de Montes Costa de Laxamoura, como organizadora da mesma (Antonio Paleo, Miguel Otero e Antonio...
leer másA sétima edición do Trail Monte Comado foi presentada polos membros da Asociación Praias de Comado xunto con Daniel García, concelleiro de Dinamización en Barreiros e deputado provincial, como representantes das entidades organizadoras da mesma. Tamén estivo presente o xefe territorial de deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero.
Esta carreira é a quinta proba da presente edición do +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal.
A cita co trail Monte Comado será o vindeiro 15 de outubro, con dúas probas de 12 e 26 quilómetros.
A saída e chegada das carreiras será na praza do Souto en San Miguel de Reinante.
A proba de 26 km sairá ás 9:30h e ten 1600 metros de desnivel positivo polos montes Penabor e...
leer másOs días 13 e 14 deste mes terá lugar o Trail Monte Comado. Trátase dun evento deportivo que está organizado por varias firmas coas que colabora o Concello de Barreiros.
O sábado 13 terá lugar a carreira de ½ km. en vertical. A saída será dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, e a chegada ao alto do Monte Comado. De seguido celebraranse os trails infantís no cume do propio monte.
O domingo 14 desenvolverase o trail de 10 km e 28 km que estrea trazado, percorrendo puntos do concello como Cornería, Penabor, Santo Estevo do Ermo e Comado, entre outros.
O prazo de inscrición remata o 11 de outubro e pode facerse en montecomado.galitiming.com e mediokmverticalmontecomado.jimdo.com
Os organizadores deste evento son: Casa Elena, Peña Barcelonista...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves a Carreira de Montes de ViveiroCAMOVI 2018, que terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de abril no municipio mariñán, co apoio do Goberno da Deputación e do Concello de Viveiro. O Executivo Provincial decidiu achegar3.000 euros para a celebración deste evento deportivo,posto que xera un importante retorno económico para a localidade polo número de persoas que reúne, entre corredores e acompañantes.No acto tamén participou Pedro Esmorís García, Director Técnico da CAMOVI, e María Luz Abella, Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, a quen se lle fixo entrega dun talón donativo, pois os fondos recadados a través das inscricións nos adestramentos da carreira serán entregados á mencionada Asociación.
Rivera Capón...
leer más