A Real Academia de Doutores de España recupera a figura da científica barreirense Aurora Sampedro cando se cumpren 30 anos do seu pasamento

A Real Academia de Doutores de España (RADE) ven de recuperar a figura de Aurora Sampedro coa publicación dunha semblanza cando se cumpren 30 anos do seu falecemento. A científica barreirense naceu en San Pedro de Benquerencia en 1913 e faleceu en 1996.

O autor da lembranza é o doutor en Enxeñería Pedro José Rivero Fuente. Na mesma repasa a traxectoria de Aurora Sampedro, que estivo marcada pola investigación científica, pola formación académica e polo desenvolvemento de traballos pioneiros en diferentes áreas da ciencia. 

A RADE tamén destaca o seu carácter cosmopolita, o interese polas artes e as humanidades e unha traxectoria profesional nun contexto complicado no que o acceso das mulleres a postos de responsabilidade científica resultaba moi complicado naqueles anos. 

Aurora Sampedro foi nomeada académica da Sección de Ciencias Experimentais da RADE no ano 1977. Deste xeito incorporouse a unha institución que agora recupera a súa figura a través desta semblanza, que coincide co 30 aniversario do seu pasamento e coa vindeira edición do libro Ciencia con nombre de mujer. El legado de Aurora Sampedro, do que son autores Pedro José Rivero Fuente e Manuel Rivero Pérez. Este último subliña que “con esta semblaza, coa publicación deste novo libro, o traballo da Cátedra de Muller e Ciencia da Universidade Pública de Navarra e a entrega dos premios Bítere de Honra 2026 a nosa científica é toda unha referencia, algo que nos enche de orgullo”.