Adelán

Etiquetas:
28/08/2025

A parroquia de Adelán, no concello de Alfoz, celebra as festas na honra a San Ramón esta fin de semana, sábado 30 e domingo 31 de agosto.

As actividades comezarán o sábado desde as 21:00 horas con churrascada e chourizada, amenizada polo trío Puzzle

E o domingo haberá misa solemne ás 13:00 horas seguida de procesión. Na sesión vermú e na verbena actuará o grupo Montreal.

Etiquetas:
28/08/2024

A Asociación de Veciños de Santiago de Adelán, en colaboración coa Deputación de Lugo e do Concello de Alfoz, organiza as Festas na honra de San Ramón os días 31 de agosto e 1 de setembro de 2024.

O sábado, 31 de agosto, as celebracións comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo Dúo Sensación. Ás 14.30 horas terá lugar a comida popular, e pola noite, a verbena contará co Dúo Sensación e a Disco Móbil Pataquiña para animar a todos os asistentes.

O domingo, 1 de setembro, haberá os actos relixiosos ás 13.00 horas, cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú. Pola noite, ás 21.30 horas a verbena estará amenizada pola Orquestra Escaparate.