
Ribadeo celebrará unha nova edición do Día da Bicicleta o vindeiro domingo, 30 de agosto, a partir das 11 horas. A saída será desde a Casa do Concello ata o faro para retornar ao punto de partida. Ao remate haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a coller a bici o vindeiro domingo e a pedalear todos xuntos. Será unha maneira divertida e saudable de despedir o mes de agosto en Ribadeo”.
A concentración dos participantes a carón do Pazo de Ibáñez está prevista para as 10:30 horas.
O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Ribadeo, conta co patrocinio de Vegalsa-Eroski e está promovido por La Voz de Galicia e RadioVoz. Colaboran: BeOne, Decathlon Ribadeo, Deportes Docobo, Atleet Ribadeo, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola Ribadeo.
A presentación tivo lugar a carón do Concello de Ribadeo con asistencia de organizadores, promotores e colaboradores.


