Día
O Concello de Viveiro presenta a súa programación con motivo do Día do Libro, sumándose un ano máis a esta celebración que se conmemora cada 23 de abril. A proposta deste ano, que inclúe actividades dirixidas a todas as idades, dará comezo este venres, 23 de abril, e estenderase ata finais de mes.
Durante os días 23 e 24 de abril os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal de Viveiro recibirán un agasallo doce ao retirar un libro. Doutra banda, todas as persoas que tomen prestados libros da biblioteca entre o 23 de abril e o 30 de abril poderán participar no sorteo dun lote de libros.
Ademais o sábado, 24 de abril, representarase a obra de teatro xestual “Lázaro de Tormes”, a cargo da compañía Pedras de Cartón, dirixida a cativos e cativos a partir dos 5 anos.
O domingo, 25 de abril...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste martes 20 de Abril a Campaña do Dia da Nai con 1.500€ en premios. Tralo éxito da iniciativa posta en marcha para a campaña do Dia do Pai, na que se sortearon 5 caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras 5 caixas sorpresa Experience Gastronomía local o CCH aposta por repetir o mesmo formato para a campaña do Dia da Nai.
Desde a asociación sinalan que “a campaña foi un éxito de participación motivado principalmente pola intriga que xerou o contido das caixas, e o importe en premios que tiña cada unha. Por iso nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos de novo 5 caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras 5 caixas sorpresa Experience Gastronomía local...
leer másO Concello de Foz quere conmemorar o día mundial do teatro, que se celebra este sábado, 27 de marzo, cunha semana dedicada a el. A delegación de Cultura leva á sala Bahía representacións o xoves 25 ás 20 horas e o sábado 27 ás 18.30 horas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o xoves porase en escena a obra Dreaming Juliet, da compañía Elefante Elegante, inspirada na obra de Shakespeare Romeo e Xulieta, que aborda o tema do amor cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza”.
Ines López engade que “o sábado será a quenda do teatro infantil. Culturactiva achéganos a obra Rosalía, cunha equipa de mulleres que farán que os nenos poidan achegarse á infancia dun dos referentes das nosas letras. Esta obra infantil inclúese na conmemoración do día...
leer másAlfoz celebrará o Día Mundial do Teatro con Bátega e “O mundo da Martiña”. Será o 27 de marzo ás oito da tarde no salón de actos de Cultura.
Martiña é unha nena moi curiosa. Non entende porque as súas opinións son menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sen razón aparente, non entende por que os nenos visten ou xogan de xeito diferente ás nenas, non sabe cales son os pensamentos impuros, nin tan sequera que é o pecado exactamente. Co tempo, descubrirá que se trataba de ir mudando en muller. A perspectiva dunha nena pode ser a máis atinada e, sen dúbida, sincera. A través dun monólogo musicado e entreverado de cancións, veremos como se enfronta Martiña á incontrolable paixón adolescente, ao duro mundo laboral e como o seu espírito crítico e as súas dúbidas respecto do establecido, nunca a abandonarán. ...
leer másO Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller, presenta o programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. O goberno local propón diferentes actividades, dirixidas a todas as idades, para reivindicar a igualdade entre mulleres e homes.
Dado que o contexto sanitario actual non permite as concentracións multitudinarias, dende o Concello de Viveiro faise un chamamento á participación da cidadanía nas alternativas propostas para este 8M.
“A loita pola igualdade é para nós unha prioridade de goberno; neste concello traballamos cada día para acadar unha sociedade na que a igualdade real sexa unha normalidade, un concello inclusivo e respectuoso en materia de xénero”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Invitamos a que nosa voz non se silencie,...
leer másO Concello de Ribadeo celebra hoxe o Día de Rosalía de Castro e ten previsto realizar un mural de Concepto Circo, pero o espazo elixido está pendente aínda do informe de Patrimonio.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “o Concello de Ribadeo, como ven facendo os últimos anos, celebra o Día de Rosalía de Castro hoxe, 24 de febreiro, data do nacemento da escritora en Santiago de Compostela en 1837. É unha data conmemorativa, impulsada en 2011 pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e á que cada ano se suman máis entidades”.
A edil ribadense explicou que “este ano o Concello ten previsto a realización dun mural do grupo Concepto Circo, pero o espazo elixido está pendente aínda do informe de Patrimonio. A nosa entidade local acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de...
leer másEn conmemoración do Día do Libro, que se celebra mañá xoves 23 de Abril, o Concello de Cervo leva a cabo a actividade Relato na Rede, que consiste en crear unha historia colaborativa a través da rede social Facebook.
Durante o día de mañá, a través do Facebook Concello de Cervo // Ayuntamiento de Cervo crearase un relato interactivo que se irá xerando grazas ás achegas de todos/as os/as participantes que se inscriban ata mañá ás 12:00h no correo cervocultura@gmail.com O procedemento será o seguinte:
O Concello facilitará unha introdución no muro de Facebook que estruturará a historia. A partires de aí o relato irá collendo forma a través dos comentarios desa mesma publicación. Eses comentarios estarán escritos con total liberdade polas persoas previamente inscritas que...
leer másA Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores, en Trabada, Pol, Ribadeo e A Fonsagrada, un programa de actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Día da Muller.
Está previsto que fagan lecturas conxuntas de obras escritas por mulleres, participen en charlas-coloquio sobre o papel de mulleres galegas referentes, desenvolvan obradoiros de realización de agasallos e visualicen unha serie de vídeos nos que as protagonistas son as mulleres que viven en cada unha das residencias.
Centros e actividades
CAM de Trabada
-8 de marzo: Obradoiro de elaboración de agasallos para as mulleres do CAM de Trabada.
-11 de marzo: Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A...
VIA Alfoz organiza a sexta edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O evento levarase a cabo o vindeiro domingo 8 de marzo ás 12:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro, “estando convidados todos os veciños e veciñas que libremente queiran participar neste acto que se iniciou de forma espontánea en 2015” tal e como apuntan desde VIA Alfoz.
Efegenia Maseda, Presidenta de VIA Alfoz, será este ano a encargada de ler un manifesto enxalzando o enorme traballo das nosas mulleres, recordando que o evento realízase “coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que traballaron por este concello, e ás que están a loitar polo futuro do seu pobo onde queren poder seguir traballando”.
... leer más